#Claves de la semana

C's recoñece o "erro" de ir ás eleccións sen unha organización sólida en Galicia

Sánchez-Agostiño, o voceiro do partido laranxa en Galicia, móstrase "satisfeito" polos obxectivos conseguidos ao facilitar a investidura de Rajoy


|

Ciudadanosgalicia 2


O portavoz de Ciudadanos en Galicia, Javier Sánchez-Agostiño, recoñeceu que foi un "erro" abordar catro procesos electorais sen ter "moi consolidada" a organización interna do partido na Comunidade galega. Con todo, deixou claro que "o proxecto segue vixente".


Sánchez-Agostiño fixo estas declaracións este martes nunha entrevista en Radio Galega, onde tamén admitiu que "probablemente" por fallos de comunicación non conseguiron trasladar as súas propostas á cidadanía. Ademais, explicou que unha "formación pequena" como a súa non ten capacidade de chegar a "todas as esquinas de Galicia".


Neste sentido, afirmou que "unhas eleccións nunca son fáciles" e que tiveron que "comparecer ante elas con limitación de medios e recursos, tanto económicos como humanos". Con todo, confirmou que, a pesar dos "discretos" resultados obtidos nas autonómicas, "o proxecto segue vixente".


SATISFACCIÓN POLO PACTO CO PP


Na mesma entrevista, Sánchez-Agostiño mostrouse "satisfeito" polos obxectivos conseguidos ao facilitar a investidura de Mariano Rajoy, o pasado 29 de outubro.


Neste sentido, considerou que os cidadáns deben estar "canto menos un pouco satisfeitos" porque en menos de seis semanas "xa teñen practicamente cumpridas preto dun 15 por cento das propostas" que foron pactadas co PP.


O portavoz de Ciudadanos en Galicia lembrou que antes da investidura "a xente non quería outras eleccións" e que as "urnas decidiron que eles se tiñan que colocar nun espazo onde fose posible chegar a acordos".


Con todo, tamén deixou claro que eles "non son un partido bisagra", pero que son capaces de "buscar puntos de proximidade nas súas propostas programáticas que leven a poñer en marcha o país".

relacionada Ciudadanos multiplicará sus esfuerzos en Galicia para mejorar su implantación
relacionada PERFIL | ​Losada, la aficionada a artes marciales que debe lograr que C's llegue al Parlamento
relacionada ​C's encarga un informe técnico para analizar os malos resultados electorais
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE