#Claves de la semana

​Garitano deixa a Álex Bergantiños na Coruña para a volta contra o Alavés

É o único descarte entre os homes de campo. Ten ofertas de Primeira, de Segunda e dos Estados Unidos, pero o seu axente no ve clara a saída.


|

Alexbergantinos

Álex Bergantiños, saudando os afeccionados. // Foto: RC Deportivo


O Deportivo xoga en Mendizorroza fronte ao Alavés o pase a cuartos de final da Copa do Rei e Garitano deixou só na Coruña a Álex Bergantiños dos xogadores de campo. O adestrador ábrelle a porta a unha posible saída neste mercado de inverno.


O axente do xogador coruñés recoñeceu nunha entrevista radiofónica que mostraron interese "tres ou catro equipos de Primeira, da zona de abaixo". Tamén podería saír a algún equipo da Segunda e mesmo aos Estados Unidos. Porén, o que é un dos capitáns do Dépor non o ve na da claro. "Álex non vai tirar a toalla, ten que ser algo moi claro para todas as partes para que saia", declarou Rafael Rodríguez, o axente.


"Cada temporada custoulle moito, primeiro chegar, quedar na pretemporada, logo ser titular e chegar a ser capitán. Como lle custou tanto chegar, saír agora é moi complicado", sostivo. No caso de dar o paso de marchar, o xogador preferiría marchar aos Estados Unidos que xogar noutro equipo español, "pero é difícil por todas as connotacións" porque "o club conta con el de cara ao futuro como persoa de club, e é un matiz moi importante para tomar a decisión".

relacionada ​Bruno Gama y Joselu despiertan al Dépor para seguir vivo en Copa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE