Barreiro Rivas: "Tras os cambios da nova política, o único vivo politicamente é Rajoy"

|

Barreirorivas 1


O politólogo e exvicepresidente da Xunta, Xosé Luís Barreiro Rivas, valorou este mércores a figura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno para sinalar que "despois dos cambios que supuxo a nova política, o único que segue vivo politicamente é el".


Nunha entrevista na Radio Galega, Barreiro Rivas subliñou que a Rajoy tocoulle "lidar con problemas de gran envergadura e saíu deles con gran serenidade".


Sobre se Rajoy volverá presentarse á Presidencia do Goberno, apunta: "Se non se fai política moi ben nesta lexislatura, se o Parlamento non pon as pilas e os grupos cambian os seus posicionamentos actuais, é posible que lle teñamos que pedir a Rajoy que volva presentarse, queira ou non queira, e nese caso eu non sei o que decidirá".


Ademais, referiuse á relación persoal que mantén con Rajoy, xa que se coñecen "desde hai 40 anos", pois empezaron "facendo política xuntos, primeiro en Pontevedra e despois en Santiago". "Cando o chamaron a el para substituírme na Vicepresidencia da Xunta pasamos anos sen vernos, pero nunca tiven un problema persoal con el".


Así, asegura que retomaron a relación "tempo despois" cando se atoparon pola rúa en Sanxenxo, e o seu último encontro foi a semana pasada en Pontevedra nunha comida.


Finalmente, Barreiro Rivas deixa claro que tras "30 anos de ausencia" non volverá á política activa. "Tiven oportunidades boas para volver e non dubidei; nin quero volver á política nin sería positivo para ninguén", sostén.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress