​Aumentan a sete os falecidos por gripe en Galicia

|

Gripe 1

As persoas falecidas con gripe na Comunidade galega aumentaron a sete, das que tres tiñan indicada a vacina pero non a recibiran, segundo o último informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' --correspondente á semana que terminou o día 8 de xaneiro-- publicado este mércores polo Sergas. 


A tempada de gripe en Galicia acumula 302 ingresos hospitalarios, dos cales o 98 por cento foron virus da gripe A --dos que 61% foron subtipados e corresponderon a AH3N2--.


O informe do Sergas indica que do total de pacientes ingresados en Galicia necesitaron asistencia en UCI o 8,9 por cento dos hospitalizados con gripe confirmada.


Ademais, segundo os datos publicados, do total de ingresados o 85,4 por cento tiña factores de risco para ter unha gripe complicada --patoloxía de base e/ou idade de máis de 65 anos-- e deles un 51 por cento non recibira a vacina.


En concreto, dos sete falecidos, tres tiñan a vacina indicada e non a recibía e os outros catro si. Todos eles, segundo concreta o Sergas, "tiñan factores de risco para ter unha gripe complicada, independente da idade", e o 43 por cento necesitou asistencia na UCI.


INCREMENTO DE CHAMADAS


O informe de vixilancia da gripe reflicte que o número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outros procesos respiratorios "superou o nivel de intensidade media", cun "aumento rechamante" con respecto á semana anterior na que empezara a onda por este sistema de vixilancia.


No referido á vixilancia microbiolóxica, nos laboratorios dos hospitais nesta última semana de 501 mostras, 184 foron positivas para o virus da gripe A, das que 128 se subtiparon e foron AH3N2. A difusión, segundo matiza o Sergas, "segue en epidémica", cun 36,7 por cento de positividade.

relacionada ​El "colapso" de la sanidad por la gripe, culpa de los "recortes del Sergas"
relacionada Sanidade espera o pico da gripe a última semana de xaneiro e pide "evitar ir a urxencias"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress