Chegan as rebaixas de Renfe: 60.000 prazas en Galicia con descontos de ata o 70%

|

Renfeatendo

Renfe puxo á venda esta semana en Galicia case 60.000 prazas con rebaixas de ata o 70% para viaxar nos seus trens durante os meses de xaneiro e febreiro.


A oferta é válida para viaxes que se realicen ata o próximo 28 de febreiro e esténdese a unhas prazas limitadas a algúns trens e días, ata esgotar existencias.


Coa campaña 'De rebaixas en tren' poden atoparse billetes en renfe.com con tarifa con descontos do 30%, 40%, 50%, 60% e 70% en traxectos con destino a Santiago, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense, Ferrol, Barcelona, Madrid, Zaragoza, Sevilla, Alacante, Bilbao, Xixón e Valencia, entre outras cidades.


Os prezos dispoñibles desde o pasado 9 ata o 28 de febreiro, inclúen ofertas como Barcelona-Valencia, desde 12,10 euros. Respecto de cidades galegas, pódense atopar rebaixas nalgúns traxectos ao 70% por exemplo Madrid-Vigo, desde 16,85 euros; Madrid-Ourense, desde 14,15 euros; ou Madrid-Ferrol, desde 29,05 euros.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress