​Rey Varela resígnase a ir por detrás do que avance o Estado en dependencia

|

Reyvarela


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ligou unha hipotética subida do gasto autonómico en materia de dependencia a que tamén o faga "proporcionalmente" o Goberno central. Así o indicou nunha entrevista na Radio Galega, na que emprazou o Goberno central a "ter un maior compromiso coa dependencia".


Deste xeito, reclamou que "a progresión de recursos autonómicos para a atención á dependencia se corresponda coa progresión de recursos estatais" no mesmo ámbito. "Paréceme un exercicio de corresponsabilidade", apostilou.


Neste sentido, Rey Varela lembrou que a Xunta "asume o 72 por cento" do gasto en dependencia mentres que a lei "prevía unha repartición ao 50 por cento" entre administracións autonómica e estatal.


En canto a demografía, o conselleiro enxalzou a proposta do titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de crear un "fondo específico de cohesión demográfica" co obxectivo de "obter o financiamento necesario para as políticas de conciliación". Neste sentido, referiuse á posibilidade de regular os horarios laborais para fomentar a conciliación laboral. "Non se trata de impoñer, pero si de regular", matizou.


Para Rey Varela, é preciso "avanzar nunha lei de impulso demográfico Galicia" que estea sustentada no "consenso" entre as diferentes forzas políticas, unha tarefa para a que, na súa opinión, será importante o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, que se reunirá este mes.

relacionada Homenaje a Zapatero por los diez años de la Ley de Dependencia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress