O Rallye Rías Baixas, unha das probas máis emblemáticas do motor galego, non volverá celebrarse. O presidente da escuadra, Fernando Mouriño, anunciouno esta mañá en rolda de prensa,arrodeado por todos os membros da organización. Unha decisión "moi dolorosa" que pon punto e final a cincuenta e un anos de competición.