#Claves de la semana

A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece este sábado na Coruña un concerto na praza de María Pita

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) ofrecerá este sábado un concerto na praza de María Pita, da Coruña, acompañada polo seu Coro, o Coro Novo e os Nenos Cantores do conxunto orquestral.

|

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) ofrecerá este sábado un concerto na praza de María Pita, da Coruña, acompañada polo seu Coro, o Coro Novo e os Nenos Cantores do conxunto orquestral.

A Sinfónica interpretará, nun concerto que terá lugar ás 20,30 horas e para o que a entrada será libre até completar o aforamento, "a cantata profana 'Carmina Burana', de Carl Orff, unha das pezas favoritas do público pola súa forza e variedade rítmica e coa que a agrupación orquestral realizou a súa primeira gran xira por Alemaña en 1998".

Ademais do Coro, o Coro Novo e os Nenos Cantores da OSG, participará tamén a soprano Raquel Lojendio, o contratenor Carlos Mena e o barítono Javier Franco como solistas, todos baixo a dirección de Dima Slobodeniouk.

'Carmina Burana' é unha cantanta escénica profana, composta por Carl Orff entre 1935 e 1936 e estreada en 1937, que utiliza como textos algúns cantos escritos en latín medieval, alto alemán medio e provenzal antigo dos séculos XII e XIII.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE