Buscando vínculos coa lusofonía

A Xunta e o CCG abren novas vías de colaboración para a promoción exterior da cultura galega buscando vínculos coa lusofonía

|







,                                                            Ramón Villares e Román Rodríguez


Santiago, 3 de marzo de 2015


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, mantiveron hoxe unha primeira xuntanza de traballo para abordar o desenvolvemento dos diferentes proxectos que ambas as dúas entidades teñen en marcha, así como para abrir novas vías de colaboración. Delas, o conselleiro salientou a promoción interior e exterior da nosa cultura buscando vínculos coa lusofonía, así como o fomento da lingua galega entre os escolares a través de iniciativas como ‘No bico un cantar’, ou actuacións no ámbito do patrimonio.



Román Rodríguez sinalou o CCG como “unha institución estatutaria cuns fins e uns obxectivos cos que a Xunta de Galicia concorda”, entre os que sinalou a promoción da lingua galega e dos valores culturais da nosa terra nos diferentes ámbitos da sociedade. Neste sentido o conselleiro confiou en, a medio prazo, sacar adiante novos proxectos conxuntos que permitan avanzar nos obxectivos compartidos, co fin "de poñer a cultura do país bo sitio que merece".


Tras esta primeira toma de contacto inicial, o conselleiro asinou no Libro de Honra do Consello da Cultura Galega e recibiu - como membro do seu plenario- a insignia da institución, unha imaxe inspirada nun deseño de Filgueira Valverde que, a súa vez, nacera dunha creación de Castelao.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress