#Claves de la semana
SEION PARLAMENTARIA DA XUNTA

A Xunta “non está á altura” na defensa do sector lácteo

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou á Xunta de “defender e amparar” ás grandes industrias lácteas, multadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia por pactar prezos e “repartirse” gandeiros para eludir a competencia e manter os prezos baixos.


|



vacas645x287.jpgO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou á Xunta de “defender e amparar” ás grandes industrias lácteas, multadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia por pactar prezos e “repartirse” gandeiros para eludir a competencia e manter os prezos baixos.


Así o dixo no debate dunha interpelación na que criticou o “desleixo” da conselleira do Medio Rural diante da desaparición do sistema de cotas do leite na UE, que terá lugar o próximo 1 de abril. “Chegou o día da desaparición do sistema e aínda non temos en funcionamento o Decreto”.


Sinala que “sobre todo non acabamos de entender para que se abordou esta modificación xa que os principais aspectos como é o mediador e a duración dos contratos, non varían con respecto o anterior”. García puntualizou que “nin funcionou antes, tal como lle dixéramos, nin vai funcionar agora con esta modificación”


Criticou que o goberno galego continúe responsabilizando aos gandeiros de “non asinar os contratos” para produción de leite mentres a CNMC demostra as prácticas ilegais das industrias. Sinala que “son os mesmos que foron presionar para que non se modificara o decreto” do paquete lácteo, aos que precisamente lles interesa que non se apliquen os contratos de prezos por un ano ou se instaure a figura do mediador, mentres a Consellería “segue culpando aos gandeiros”.


O deputado socialista parafraseou ao presidente do goberno para describir a actuación da conselleira e do goberno galego como “patética”, cunha xestión caracterizada pola “incomparecencia total” na defensa dos produtores, cando mais do 50 por cento do leite do Estado procede de Galicia. “Non pintamos nada: vostede non pinta nada”, espetoulle á conselleira.


Multa



Criticou de feito que a conselleira tan só se teña preocupado de eludir a multa por sobreprodución, instando aos gandeiros a rebaixar a produción, sacrificar vacas e alugar cota diante da alerta dunha nova supertaxa por 35 millóns de euros que veñen de ser rectificados a tan só 2.


“Un día de leite, ese é o problema que temos”, dixo Pablo García para lembrar que a costa deste “erro” de estimación do goberno a Consellería de Medio Rural ten debilitado aínda mais ás explotacións galegas de cara á apertura dos mercados da UE coa desaparición das cotas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE