#Claves de la semana

O tren A Coruña Vigo debe contar con todas as medidas de seguridade para evitar outro Angrois

“Parece que a traxedia de Angrois non serviu para aprender”


Antón Sánchez e Juan Fajardo solicitan da Xunta que “demande do Goberno central que o Eixo Atlántico, no seu tramo A Coruña Vigo, se poña en funcionamento coas medidas de seguridade oportunas”.


|

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe que o novo tren entre A Coruña e Vigo non conta con todas as medidas de seguridade preceptivas. Así o denuncian os deputados Antón Sánchez e Juan Fajardo nunha proposición non de lei –pnl- rexistrada esta mañá no Parlamento de Galicia e na que solicitan da Xunta que “demande do Goberno central que o Eixo Atlántico, no seu tramo A Coruña Vigo, se poña en funcionamento coas medidas de seguridade oportunas”.


“Parece que a traxedia de Angrois non serviu para aprender”, explican os parlamentarios na exposición de motivos da iniciativa, “e unha vez máis os calendarios partidistas electorais antepóñense á seguridade das persoas”. O presunto tren de “velocidade alta” iniciará a súa actividade sen o sistema de seguridade coñecido como Ertms, cuxa licitación –cun ano de prazo- publica hoxe o Boletín Oficial do Estado. “Repetir decisións ‘posibelmente ilícitas’ que tiveron un enorme custo humano”, engaden, “non parece un modo de exercer o poder racional, senón unha mostra do pouco que importa a cidadanía, apenas interesados en empregar recursos públicos de xeito propagandístico sen importar as consecuencias”.


As mentiras do Partido Popular quedan ao descuberto cunha rápida ollada á hemeroteca. O 4 de outubro de 2013, o secretario de Estado de Infraestruturas aseguraba que “o tramo en servizo de velocidade alta entre Santiago e A Coruña” tería Ertms “a finais de 2014”. “A realidade é teimuda e hoxe podemos observar como, amais de non garantir a seguridade do tramo, utilizouse a mentira”, conclúen, “todo polo accidente de Angrois. Anos despois esquecen compromisos e volven poñer en risco a seguridade das persoas”.


Comisión de investigación


Precisamente no pleno parlamentario da vindeira semana, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) volverá someter a votación dos grupos a constitución dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. “Vólvese falar de tren de alta velocidade nun tramo que non conta con medidas de seguridade”, expuxo Antón Sánchez esta mañá na rolda de prensa posterior á xunta de portavoces da Cámara.


O Partido Popular xa anunciou que votará en contra.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE