ALTA VELOCIDADE EIXO ATLANTICO

O trazado da alta velocidade do Eixo Atlántico estará operativo este sábado

O trazado da alta velocidade ferroviaria do Eixo Atlántico comezará a operar o vindeiro sábado, 18 de abril, segundo anunciou este luns en Pontevedra a ministra de Fomento, Ana Pastor. 



|



O trazado da alta velocidade ferroviaria do Eixo Atlántico comezará a operar o vindeiro sábado, 18 de abril, segundo anunciou este luns en Pontevedra a ministra de Fomento, Ana Pastor. A titular de Fomento participou nun almorzo informativo sobre ‘Infraestruturas para unha nova era’, no que detallou que os billetes sairán á venda este martes, 14 de abril, nos despachos de billetes das diferentes estacións e tamén por Internet “aos mesmos prezos que ata agora” e con dez viaxes ao día en cada sentido.


Pretendemos que os novos servizos teñan prezos ao alcance de todos os cidadáns”, dixo, polo que se mantén a tarifa actual de Media Distancia Tarifa 2, que paran en case todas as estacións pero realizan o traxecto completo entre Vigo e A Coruña, e tamén os de Media Distancia Tarifa 4.


Con esta posta en marcha, ademais, ponse en servizo a nova estación de Urzáiz-Vigo, na que se investiron máis de 120 millóns de euros. “Ábrese un novo horizonte cheo de oportunidades”, destacou Pastor sobre o Eixo Atlántico, que cualificou como “a columna vertebral de Galicia”.


PRAZAS


Tamén a ministra informou de que se vai a incrementar nun 50 por cento o número de prazas de tren, pasando das 185 actuais a 282 asentos. Ana Pastor fixo fincapé, ademais, en que a posta en funcionamento desta infraestrutura reducirá a 70 minutos a duración do traxecto entre A Coruña a Vigo, de 155,6 quilómetros de lonxitude.


PROXIMIDADE


Así mesmo, a responsable de Fomento explicou que a reorganización do Eixo Atlántico ferroviario incluirá servizos de proximidade co obxectivo de que as estacións intermedias como Pontevedra, Vilagarcía, Redondela, Arcade ou Padrón, entre outras do corredor atlántico, teñan asegurados 10 servizos por sentido ao día.


“Todas as estacións manteñen ou melloran as paradas actuais e increméntanse as prazas”, resumiu a ministra. “Estamos a achegar persoas, pero non só entre as grandes cidades, vilas e pobos”, concluíu Pastor.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE