#Claves de la semana
María José Domínguez Vázquez acaba de ser nomeada membro do Consello Científico Internacional, do Instituto da Lingua Alemá de Mannheim, sendo a única representante de España

María José Domínguez, membro do consello científico internacional do Instituto da Lingua Alemá de Mannheim

A profesora da USC María José Domínguez Vázquez acaba de ser nomeada membro do Consello Científico Internacional do prestixioso Instituto da Lingua Alemá de Mannheim, sendo a única representante de España neste órgano.


|


Fundado en 1964, é a institución máis relevante para a investigación e documentación da lingua xermana actual que contempla entre as súas principais funcións a promoción do estudo científico desa lingua e velar pola cooperación internacional entre Alemaña e os países representados. O proceso de selección dos membros deste consello realízase por diferentes gremios científicos atendendo á meritoria traxectoria curricular e ao labor realizado no ámbito da lingua e lingüística alemá.


Para María José Domínguez Vázquez, profesora titular de Gramática Alemá da USC desde 2008 e fellow da Fundación Alexander von Humboldt a partir do 2012, este recoñecemento supón unha “grande honra” que lle permitirá “facer confluír sinerxías entre as diferentes institucións representadas e a Universidade de Santiago, na que se están levando a cabo investigacións ao máis alto nivel científico”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE