#Claves de la semana
CO A LUSOFONIA COMO MARCO

A compañía galega Limiar Teatro e a brasileira Acaso Dança estrean en Galicia de 'Pangeia' coa colaboración do CDG

Poñen en escena esta produción internacional que, tras o éxito obtido nas súas presentacións en Brasil e Portugal, poderá verse na sede Centro Dramático Galego desde mañá e ata o vindeiro domingo 19


A Asociación de Produtores de Pernambuco, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife e o Teatro da Malaposta de Lisboa implicáronse tamén nesta montaxe.


|


1429014226rp_pangeia_02_web_02.jpg

[14/04/2015]

Galicia, Brasil e Portugal unen camiños escénicos en 'Pangeia', produción internacional liderada pola compañía galega Limiar Teatro e a brasileira Acaso Dança, que se representará a partir de mañá no Salón Teatro. O CDG colabora na estrea galega desta montaxe multidisciplinar, que chega a Compostela tras o éxito obtido en Portugal e Brasil.

Nestes países contou tamén apoio do Centro Cultural Malaposta de Lisboa, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife e a Asociación de Produtores de Pernambuco.

Sobre o escenario, sete artistas –catro galegos e tres brasileiras– fusionan teatro, danza, música e mesmo cociña nunha ambiciosa proposta, tanto desde o punto de vista creativo como loxístico, que poderá verse na sede do CDG ata o vindeiro día 19, con cinco funcións para público xeral (de mércores a sábado, ás 20.30 horas, e o domingo, ás 18.00 h) e tres pases matinais concertados con diferentes centros educativos.

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, e Manuel Guede Oliva, director do Centro Dramático Galego, acompañaron hoxe a Fran Núñez e Bárbara Aguiar -fundadores e directores de Limiar Teatro e Acaso Dança, respectivamente- na presentación do seu espectáculo. Ambos asinan conxuntamente a dirección e a dramaturxia, ademais de formar parte do elenco interpretativo xunto aos galegos Coco Castro, Manuel Polo e Hugo Rodríguez, e ás brasileiras Ana Catarina Maia e Karol


A lusofonía como marco


A colaboración do Centro Dramático Galego nesta produción enmárcase no plan de traballo que a compañía institucional galega vén mantendo nos últimos anos con diferentes estruturas teatrais públicas e privadas do ámbito lusófono. Nesta mesma liña de actuación, insírese a parcería co Teatro Nacional D. María II de Lisboa para o intercambio de autores claves das dramaturxias de ambas as beiras do Miño, a presenza no Salón Teatro de formacións como Teatro Bruto do Porto, as compañías de Braga e Almada e a plataforma PELE, ou a participación do CDG no ‘Proxecto Nós Territorio (ES)Cénico Portugal-Galicia’.

Xunto co teatro, a danza e a música, en 'Pangeia' 


mestúranse diferentes acentos e idiomas para afondar nos camiños culturais que unen Galicia, Portugal e Brasil, interpelando ao espectador sobre temas universais e botando man de metáforas visuais como a maleta, o pan ou a coroza, co obxectivo último de desmontar os estereotipos. O propio título do espectáculo, tomado do supercontinente único que existiu hai máis de 250 millóns de anos e cuxa fragmentación deu orixe á deriva e división continental, preséntase igualmente como metáfora, neste caso da deriva cultural no mundo globalizado.


Residencias artísticas


Do mesmo xeito que Limiar e Acaso estreitaron lazos creativos a partir dunha estadía artística que compartiron en Portugal, o seu proxecto conxunto fraguouse ao longo das súas residencias no programa Gerarte de Viana do Castelo, na Casa Colorida de Nigrán e no Centro Nautilus de Vigo. Contaron, ademais, co apoio do Concello de Gondomar.

Tras a súa exhibición no Salón Teatro, 'Pangeia' desenvolverá unha xira por Galicia e Portugal, na que destaca a súa participación na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense, onde se exhibirá o día 22, así como na próxima Bienal de Culturas Lusófonas de Lisboa.


Residencias artísticas


Do mesmo xeito que Limiar e Acaso estreitaron lazos creativos a partir dunha estadía artística que compartiron en Portugal, o seu proxecto conxunto fraguouse ao longo das súas residencias no programa Gerarte de Viana do Castelo, na Casa Colorida de Nigrán e no Centro Nautilus de Vigo. Contaron, ademais, co apoio do Concello de Gondomar.

Tras a súa exhibición no Salón Teatro, 'Pangeia' desenvolverá unha xira por Galicia e Portugal, na que destaca a súa participación na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense, onde se exhibirá o día 22, así como na próxima Bienal de Culturas Lusófonas de Lisboa. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE