Ría de Ferrol

Expulsan a 54 persoas e comisan 137 quilos de ameixa nun operativo en Ferrol


|

Santiago.-18/04/2015

Axentes do Servizo de Gardacostas, en colaboración con axentes da Policía Autonómica, realizaron onte un operativo contra o furtivismo na zona interna das Pías, na ría de Ferrol, que se saldou coa expulsión de 54 persoas que estaban pescando de xeito ilegal e coa identificación de 9 delas.


Nesta actuación os axentes comisaron 137 quilos de ameixa babosa de talla antirregulamentaria (cun prezo estimado no mercado que superaría os 2.200 euros), 4 raños e 4 táboas de poliestireno.


A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE