#Claves de la semana
DEZ ADEGAS E 21 COLLEITEIROS PARTICIPARAN NA FEIRA DE RIBADAVIA DO 1 O 3 DE MAYO

A Feira do Viño do Ribeiro fai unha aposta decidida polo enoturismo

Na súa 52ª edición, que se celebrará do 1 ao 3 de maio, na localidade ourensán de Ribadavia, presenta novas actividades como unha carreira popular "entre viñedos" e poder brindar en Globo "Brindis por todo o alto con Ribeiro"


|


Presentouse a 52ª Feira do Viño do Ribeiro, que se desenvolverá do 1 ao 3 de maio na localidade ourensán de Ribadavia, con novas propostas coas que busca posicionarse como principal evento enoturístico de Galicia . Entre elas figuran en globo “Brindis por todo o alto con Ribeiro”, a carreira popular “Correndo entre viñedos” ou as catas e obradoiros de cociña que se levarán a cabo ao longo desa fin de semana. Así se destacaba na presentación do programa oficial deste certame, que tiña lugar hoxe 20 de abril en Ourense.


A pretensión principal da organización é que “toda a familia, dende os máis cativos ata os máis maiores, participe de forma conxunta e poda gozar da Feira do Viño do Ribeiro, inculcando a cultura e os valores do viño a todo o mundo”. Ademais, segundo resaltaba o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Miguel Ángel Viso, con esta mostra faise non só imaxe dos viños desta zona, senón tamén do territorio do Ribeiro.


Fixo especial mención na importancia de seguir levando a cabo accións que fomenten, dun modo san e responsable, o consumo de viño cada vez máis entre a poboación, para o cúal realízanse actividades como a cata popular (cata ás cegas, que pode facer o público, de todos os viños presentes na FVR) ou o concurso de Escolas de Hostalaría de toda Galicia, cuxa final terá lugar durante a tarde do sábado no recinto feiral.


En representación do concello de Ourense, Vázquez Barquero quixo valorizar os recursos autóctonos, como o viño e o termalismo "O viño é una das sinais de identidade do Ribeiro. Pero tamen o son o patrimonio, a natureza, o termalismo, a gastronomía e a cultura. Dende a cidade de Ourense queremos traballar co resto de concellos da comarca na promoción da nosa riqueza á hora de posibilitar o desenvolvemento social na provincia".

O programa inclúe tamén multitude de propostas musicais, con concertos como o de Marcos Rodríguez (voz protagonista do musical “Hoy no me puedo levantar”), así como os Sons do Viño (actuacións en diferentes puntos do casco histórico da vila)ou o Festival de Primavera. Haberá asemade actos paralelos como a exposicións de cartaces da feira do viño, visitas turísticas ou actuacións de maxia.


O acto de presentación do programa do certame contaba coa presenza de Marcos Blanco Jorge, alcalde de Ribadavia; Miguel Ángel Viso Diéguez, presidente da DO Ribeiro; Rogelio Martínez González, delegado da Xunta en Ourense da Xunta de Galicia; José Ángel Vázquez Barquero, tenente de alcalde e concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ourense, Jose Manuel Rodríguez, xerente do INORDE, José Prieto Pérez, concelleiro de Cultura, Turismo, Educación e Deporte do Concello de Ribadavia; e Daniel Guzmán Cima, cociñeiro do Restaurante Nova, Ourense – Estrela Michelín. Como membro destacado, ao ter a honra de ser o primeiro cociñeiro que participou nos showcookings da Feira do Viñodo Ribeiro fai xa catro anos.

O xefe de cociña do Restaurante Nova, con Estrela Chicha, Daniel Guzmán, recoñecía o labor que se realiza dende a Feirado Viño do Ribeiro de conxugar viño e gastronomía, sobre todo con produtos endóxenos e recursos da terra, algo que trasladan ao seu restaurante, onde só ofertan viños galegos e no que destacan a visita de moitos comensais que van comer ou cear despois de visitar varias adegas e que mostran o seu interese pola maridaxe dos viños de Ribeiro cos diferentes alimentos.

 

A inauguración terá lugar o venres 1 de maio ás 19:30 horas no recinto feiral. O acto de clausura será o domingo 3 de maio, ás 22:00 horas, tras a entrega de premios, que empezará a partir das 19:30 horas.




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE