#Claves de la semana
ECONOMIA

Gadisa crece en vendas, emprego e superficie comercial en 2014, cunha cifra de negocio de 996,74 millóns

A empresa destina 56,83 millóns a impostos e tributos, 35,41 a cotizacións sociais e 9,8 a investimentos


|


A cifra de negocio de Gadisa alcanzou os 996,47 millóns de euros en 2014, exercicio no que rexistrou un crecemento sostido do 1,68%. A compañía destinou 56,83 millóns a impostos e tributos, achegou 35,41 millóns a cotizacións sociais e asignou 9,8 millóns a investimentos, principalmente ao plan de aperturas, modernización e ampliación de establecementos.


Segundo informa a empresa de distribución nun comunicado de prensa a xeito de avance da súa memoria económica, Gadisa xerou 133 empregos directos o ano pasado, que pechou cun equipo composto por 6.463 traballadores.

O incremento en superficie total foi de 9.039 metros cadrados, ata sumar 349.464. "Este aumento baseouse no esforzo realizado para abrir novos puntos de venda e actualizar algúns dos xa existentes das diferentes liñas de negocio", sinala.

A 31 de decembro de 2014, contaba con 367 puntos de venda: 214 supermercados propios, 12 autoservicios para almacenistas CASH IFA e 141 establecementos franquiciados Claudio en Galicia e Castilla e León.

RESPONSABILIDADE SOCIAL

Ademais, destaca que compatibiliza o seu crecemento coa aplicación do programa de responsabilidade social corporativa, que inclúe máis de 1.500 accións anuais en diferentes ámbitos: cultural, social, solidario, deportivo, medio e tamén recolle a súa política de recursos humanos.

Dos 6.463 traballadores do cadro de persoal, 484 dispoñen de horario adaptado ás súas necesidades de conciliación familiar e laboral e 192 ascenderon internamente durante o 2014. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE