#Claves de la semana
DIPUTACION DE OURENSE

A Deputación de Ourense é a única que segue en mans do PP

Os nove puntos perdidos polos populares, que ceden 200.000 votos, déixanlles sen os gobernos provinciais da Coruña e Pontevedra. O PSOE poderá reter a de Lugo se reedita o pacto co BNG


|

Manuel Baltar Presidente da deputación de Ourense


A caída do PP en Galicia, onde cedeu 200.000 votos (nove puntos porcentuais) nestas eleccións municipais, terá o seu custo nas deputacións. Os populares só manterán a de Ourense con folgura, mentres que as outras tres poderán pasar a mans do PSOE. Os socialistas necesitarán pactar co BNG tanto en Pontevedra como na Coruña, un pacto que lles permitiu ter o goberno provincial de Lugo desde 2007.


O mapa político galego deu este domingo un pequeno envorco. Aínda que o PPDEG segue sendo a forza máis votada na comunidade e seguirá gobernando en máis da metade dos municipios, o seu poder vese reducido, algo que se plasma na perda das deputacións de Pontevedra e A Coruña e na caída de nove puntos e case 200.000 votos con respecto ás municipais de 2011. Boa culpa diso téñena as chamadas mareas, que na Galicia urbana, principalmente, asestan un duro golpe aos partidos tradicionais. Con todo, os avances nas eleccións locais non teñen repercusión nas deputacións, No caso de Lugo, como as mareas non se presentaron en pequenos municipios, acabaron por beneficiar ás forzas maioritarias.


No caso concreto de Lugo, repítense os resultados de hai catro anos. O PP logra doce deputados, por once do PSOE e dous do BNG. O presumible pacto entre socialistas e nacionalistas abre a disputa pola presidencia da Deputación de Lugo. O seu titular os últimos oito anos, José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral dos socialistas galegos, non se presentou como candidato. Os rumores apuntan a Lara Méndez como posible substituta.


Tamén empezaron a soar nomes para outras deputacións. Na de Pontevedra, tras a abraiante vitoria de Abel Caballero en Vigo, especúlase con que o cargo sexa para o seu número dous, Carmela Silva.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE