PARLAMENTO GALEGO

A ourensá Noela Blanco, nova deputada no Parlamento de Galicia

|

Santiago de Compostela, 26 de maio de 15. A socialista ourensá Noela Blanco tomou posesión hoxe como nova parlamentaria autonómica en substitución de Pachi Vázquez. A nova deputada ten 34 anos e é secretaria provincial de Medio Ambiente do PSdeG-PSOE de Ourense.


A principios deste mes de maio Pachi Vázquez anunciou a súa dimisión como deputado do Parlamento tras darse por finalizado o sumario xudicial aberto contra el no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia co gallo da súa imputación por un presunto delito de malversación.


Licenciada en ciencias ambientais, Blanco é Máster en Prevención de Riscos Laborais e estudos de Ciencias Políticas e da Administración Pública. Dende 2008 e ata a súa toma de posesión, foi técnica de Prevención de Riscos Laborais de Sogama.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress