#Claves de la semana
MANZANEDA LA UNICA ESTACION DE MONTAÑA DE GALICIA

Manzaneda será un motor económico en Ourense

MEISA ofrece ao Club Ourense Baloncesto(COB) a estación de Manzaneda para o seu stage de pretempada



|

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao director xeral de MEISA, Gustavo Sanmartín, quen lle planteou ao presidente do goberno provincial novos proxectos para desenvolver na estación de montaña. Sanmartín informoulle a Baltar do estado económico e financieiro da sociedade e do relevante papel que terá a Deputación de Ourense logo de adquirir o 28% da empresa.


Gustavo Sanmartín celebrou o recente ascenso acadado polo Club Ourense Baloncesto (COB) á Liga ACB e propúxolle a Manuel Baltar –como presidente dunha entidade que é accionista do club- a posta a disposición do COB das instalacións da estación de montaña para que o equipo realice alí seu stage de pretempada, cuestión que Baltar se comprometeu a trasladar á directiva do Club Ourense Baloncesto.


No encontro, Baltar e Sanmartín tamén analizaron o avance do proxecto de innivación e os permisos ambientais necesarios, reafirmando o presidente provincial a súa “aposta ineludible” polo futuro da estación de montaña ourensá, porque “crer en Manzaneda é crer en Ourense e posicionarse con contundencia a favor do discurso do equilibrio territorial e ver o futuro”.


Asemade, Gustavo Sanmartín informou a Manuel Baltar de novos proxectos, únicos en Galicia, “que manterán un fluxo crecente de visitantes á estación de montaña, repercutindo así na economía da comarca e da provincia”, destacou o presidente da Deputación.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE