#Claves de la semana
DENDE 10 DE XUNIO ATA O 16 DE AGOSTO NO CENTRO CULTURAL DA DIPUTCION DE OURENSE

Radu trae ao Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de Ourense, unha obra impactante e innovadora

“Doce balas” é o título da exposición coa que o escultor santiagués Radu se presenta no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” está recollido dunha das pezas que conforman a mostra


|

presentacin.expo.radu.011.jpg

     Francisco González, Radu, Rosendo Fernández e César Fernández, na inauguración


“Doce balas” é o título da exposición coa que o escultor santiagués Radu se presenta no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación e que ven marcada por unha beleza plástica impactante e por ser un traballo innovador.


O escultor emprega básicamente papel que recicla e co que vai tecendo unha serie de tramas para converter este material tan común en obras con referencias figurativas que reproducen o seu animalario particular. “Esta é unha obra innovadora. Eu non teño visto nada así, é algo novo e, plasticamente, resulta moi próximo á xente porque dáselle unha nova vida a algo que é un material de desfeita creando esa vida con algo que xa foi rexeitado”, dixo o artista na presentación do seu traballo.


O título da exposición está recollido dunha das pezas que conforman a mostra e que incorpora “doce balas, pero son balas de papel, como se fosen balas de palla, ao redor dun cruceiro. Nesas doce balas vai todo un mundo que antes estaba impreso nese papel e que asume agora outro contido”, explicou Radu. 


Tanto o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, coma o director do centro cultural, Francisco González, e o asesor cultural, César Fernández, salientaron a beleza e o impacto desta obra que os ourensáns poderán visionar ate o día 16 de agosto.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE