#Claves de la semana
Auditorio do Centro Social Afundación en Vigoo 16 de Xunio

III Xornadas BioIntegraSaúde 2015 en Vigo o día 16

Congregará máis de 200 axentes galegos da xeración e transferencia de coñecemento no campo da saúde


|

Vigo, 14 de xuño de 2015.- Vigo acollerá o vindeiro martes 16 de xuño as III Xornadas BioIntegraSaúde 2015, organizadas polo Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense, en colaboración cos Institutos de Investigación Sanitaria de Santiago e Coruña.


Este relevante evento investigador de ámbito autonómico celebraráse no Auditorio do Centro Social Afundación en Vigo e congregará máis de 200 axentes galegos da xeración e transferencia de coñecemento no campo da saúde, que participarán activamente presentando as súas liñas e resultados de investigación biomédica.


Nestas xornadas poranse en práctica a experiencia acumulada polas entidades organizadoras, cun tempo especialmente dedicado á presentación de comunicacións orais -presentáronse un total de 75- e en formato póster -presentáronse 81-, ademáis concederánse dous premios ás mellores comunicacións orais e dous aos mellores pósters (un deles reservado para investigadores/as predoctorais) e contarase con conferenciantes destacados do mundo da investigación e a administración pública.


Así, as III Xornadas BioIntegraSaúde 2015 contará coa presencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez na inauguración oficial ás 9,30 horas, e nela estará acompañada polo xerente de Xestión Integrada de Vigo, Félix Rubial Bernárdez; o rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia, e os directores dos tres Institutos de Investigación Biomédica de Galicia.


Relevantes conferencias
O programa das terceiras xornadas BioIntegraSaúde 2015 inclúe -ademáis de comunicacións, presentación de posters e unha sesión científica- dúas relevantes conferencias, que correrán a cargo da directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Sonia Martínez Arca; e do director xeral do Instituto de Salud Carlos III, D. Jesús Fernández Crespo. Ambos os dous poñentes incidirán na presentación de líñas e resultados de investigación no eido da saúde.


Segundo destaca o director científico do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense, Jose Ramón Fernández Lorenzo “este Instituto de Investigación Biomédica creouse en 2008 mediante a sinatura dun acordo de colaboración entre a Universidade de Vigo e do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, co obxectivo de desenvolver a investigación biomédica traslacional, en base ao principio de que o desenvolvemento da investigación biomédica, debe facerse en estreito contacto e colaboración entre o sistema de saúde e o sistema docente investigador da universidade”.


A través dunha estreita colaboración entre grupos de investigación básica e clínica, o Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense garante a efectiva implantación dos resultados da investigación en termos de beneficios para a saúde dos cidadáns, tanto directamente a través dunha mellora na prevención, diagnóstico, tratamento e seguimento da enfermidade como, indirectamente por facilitar a colaboración coas empresas farmacéuticas e de biotecnoloxía.


O Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense pretende ser a plataforma que inclúa a todos os investigadores biomédicos na área de Vigo, creando un núcleo de investigación nunha rexión estratéxica, polas súas condicións socioeconómicas e a súa proximidade con Portugal.


Máis información dispoñible na páxina Web do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, Pontevedra e Ourense www.ibivigo.es.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE