#Claves de la semana
MIT DO 18 O 25 DE XULIO NA VILA OURENSAN DE RIBADAVIA

A MIT de Ribadavia, en Ourense, presenta a imaxe da 31 edición

A Mostra Internacional de Teatro celebrarase do 18 ao 25 de xullo


|

A planta dun teatro para compor unha imaxe dun paxaro na frondosidade dunha paisaxe verde, co protagonismo dun vivarium (elemento para gardar e criar animais ou prantas para a observación ou a investigación), é a idea que o escenógrafo Diego Valeiras empregou para a elaboración do cartel da 31ª MIT de Ribadavia. Un festival de teatro que subirá o pano o día 18 de xullo e non o baixará ata a noite do 25 de xullo.


E entre medias, un total de 21 espectáculos de compañías procedentes de Francia, Italia, Chile, Portugal, Arxentina, Cataluña, Andalucía, Madrid, Castela-León ou Galicia. Pero non só os espectáculos teñen protagonismo na MIT, tamén a novidosa iniciativa que se porá en marcha nesta edición, “Foros da MIT Ribadavia”, un espazo para o debate, entrevistas e obradoiros cos creadores e usuarios que visitan a capital do teatro galego e que intercambiarán a súa experiencia e relación coa sociedade actual, coa política, coa economía e co sistema cultural en foros abertos a toda a cidadanía, moderados por xornalistas, profesores, políticos ou distintos axentes sociais e artísticos.


As dúas liñas mestras desta edición de 2015 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia son a hibridación de linguaxes e xéneros escénicos na creación contemporánea e a autoría dramática actual. Nete senso destaca a organización dun programa de artistas en residencia coordinado pola compañía portuguesa Mundo Razoável, que contará coa participación de 10 dramaturgos galegos e portugueses, baixo o soporte da MIT Ribadavia e da DG Artes / Secretaría de Estado de Cultura do Goberno de Portugal.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE