POR MOTIVOS PERSOAIS

Manuel Guede renuncia como director do Centro Dramático Galego

|


O dramaturgo Manuel Guede Oliva presentou a súa renuncia como director do Centro Dramático Galego (CDG), unha decisión que se produciu "a petición propia" e "por motivos persoais", segundo informa a Consellería de Cultura.


Así, o Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) decidiu na súa reunión deste mércores aceptar a renuncia de Guede Oliva e expresou o seu "agradecemento" aos servizos prestados por o ata agora director do CDG.

Por outra banda, o Consello Reitor autorizou a posta en marcha de forma inmediata dun procedemento público de selección de persoal para cubrir a praza de coordinador do departamento de Produción Teatral da Agadic, posto que ocupaba Manuel Guede e que comprende entre as súas funcións a dirección da compañía institucional galega.


Manuel Guede chegou á dirección do CDG en substitución de Branca Cendán tras a súa destitución en setembro de 2012, un posto que o dramaturgo xa ocupara entre 1991 e 2005. Durante a súa estanza á fronte da compañía pública, Guede fixo do fomento das relacións e o intercambio con Portugal o seu principal selo. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress