#Claves de la semana
MADRID, CASA DE GALICIA

O proxecto ‘El reto del Camino’ aúna o deporte e a solidariedade para difundir os valores xacobeos

A través da iniciativa a ultramaratoniana Mariluz Viñas percorrerá en 15 días os máis de 750 quilómetros que unen St. Jean Pied de Port e Compostela para apoiar ao nenos con cáncer 


|

A Atleta a izq. da imaxen

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe o proxecto ‘El reto del Camino’, na Casa de Galicia en Madrid. A presentación contou tamén coa participación do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; da directora de Tee Travel, Mar Rodríguez; e da protagonista do reto, a ultramaratoniana Mariluz Viñas.


A través da iniciativa esta peregrina de excepción realizará o incrible reto de percorrer en 15 etapas, correndo sen descanso, 52 quilómetros ao día do Camiño de Santiago, dende St. Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela.


Dende o 27 de setembro ao 11 de outubro, a corredora que cumpre este ano 52 anos -de alí a cifra elixida para superar cada día- percorrerá máis de 750 quilómetros da Ruta Xacobea e o fará por un fin solidario. Cada quilómetro superado converterase nun euro destinado á Fundación St. Jude, unha institución dominicana sen ánimo de lucro que apoia espiritual, emocional e economicamente a nenos con cáncer.


Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o valor desta iniciativa que, segundo sinalou, combina os valores do Camiño de Santiago – identidade histórica, espiritualidade, intercambio cultural e valor patrimonial- cos do deporte e a solidariedade.


A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o Camiño de Santiago ten cada vez máis adeptos seguindo unha forte progresión ascendente no seu número de peregrinos. Destacou a tendencia actual mostra un importante incremento de peregrinos estranxeiros ata tal punto que xa son máis numerosos que os nacionais. “Deste xeito, o Camiño converteuse no noso principal elemento captador de turismo internacional”, explicou.


Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou que dos mais de 89 mil peregrinos que chegaron xa no que vai de ano a Compostela, máis do 62% foron estranxeiros. “Estas cifras demostran que o Camiño de Santiago está en pleno auxe e actualidade e reflicten a gran capacidade da Ruta Xacobea para atraer turistas a nivel internacional”..


Neste senso, a directora de Turismo de Galicia asegurou que “o proxecto contribuirá a continuar promovendo o principal recurso turístico e cultural de Galicia a nivel internacional”.


Para finalizar, Nava Castro animou a todos a apoiar a Mariluz Viñas no seu espectacular reto camiñando xunto a ela nas diferentes etapas que percorrerá do Camiño de Santiago.


Pola súa parte, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida aos participantes e agradeceu a Nava Castro que elixise a Casa de Galicia para presentar en Madrid esta iniciativa de promoción da ruta xacobea e destacou o valor divulgativo e solidario, así como a proeza deportiva que supón o proxecto.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE