#Claves de la semana
A CORUÑA

A Coruña amosa o seu apoio á Universidade e reivindica o seu valor como servizo público de calidade

“É necesario resaltar a labor da UDC, senón fose por ela, eu, por exemplo, non podería ter unha carreira universitaria”, manifestou o alcalde coruñés


|

Xosé Luís Armesto e Xulio Ferreiro

 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo unha reunión co reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto. Na mesma, o rexedor manifestou o apoio do consistorio a unha institución que é “un valor e un polo de atracción de coñecemento e de estudantes para a cidade”.


Neste momento, A Coruña non se entendería sen a Universidade, por iso o Concello ten que apoiar a esta institución, sobre todo nun momento no que hai un problema económico evidente e existe unha gran necesidade de impulsar servizos públicos de calidade”, dixo Ferreiro. 


“Senón fose pola Universidade da Coruña eu non podería ter tido acceso a unha carreira universitaria. Temos que poñer en valor a importancia da UDC tanto para a nosa cidade como para toda a contorna, o que nos ten que obrigar a facer, todos, un esforzo que nos permita manter o equilibrio social que xera esta institución”, explicou. 


Xosé Luís Armesto, reitor da UDC, amosouse “encantando de recibir ao alcalde”. “Non só porque é un membro da comunidade universitaria, senón porque manter unha boa relación institucional é importante”, dixo. “É importante que a universidade cumpra co seu papel de ofrecer unha docencia, un servizo público de calidade para o que necesitamos financiamento público incondicional, aínda que debería haber outras cantidades a maiores que se repartan como incentivos, segundo resultados, e que sirvan para facer cada vez mellor as cousas”, engadiu Armesto.


Reunión co presidente da Xunta


Por outro lado, Ferreiro confirmou aos medios de comunicación presentes na Reitoría da Maestranza, onde tivo lugar o encontro, que espera ter unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante este mes. Nesa cita, o alcalde coruñés, entre outros temas, lle trasladará a preocupación da cidade polos traballadores da factoría de Alcoa, así como polos problemas existentes no servizo de urxencias sanitarias do CHUAC”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE