OLA DE CALOR EN OURENSE

A provincia de Ourense e o Sur de Lugo estarán en alerta amarela este martes por máis de 36 graos de temperatura

|

TEMPERATURAS

MIN/MAX
A Coruña 15° 24°
Ferrol 15° 33°
Lugo 15° 35°
Ourense 15° 40°
Pontevedra 15° 30°
Santiago de Compostela 14° 36°
Vigo 18° 26°

A maior parte da provincia de Ourense e o Sur da de Lugo estarán este martes, 30 de xuño, en alerta amarela a partir das 15,00 horas por altas temperaturas. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a alerta amarela decrétase por que se prevén máis de 36 graos entre as 15,00 e as 21,00 horas.


En concreto, a alerta amarela afecta a Valdeorras, a zona do Miño e o Sur de Ourense, así como o Sur de Lugo. Pola súa banda, o 061 de Galicia informou este luns de que ofrecerá consello telefónico ás persoas que poden sufrir complicacións de saúde por altas temperaturas, especialmente a maiores de 65 anos.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress