ECONOMIA

Galicia crecerá en 2015 menos que a media do Estado

|

Galicia crecerá en 2015 un 2,1% e a media española, un 2,7%, segundo un estudo do Centro de Predición Económica (Ceprede). De feito, Galicia estaría pola cola en crecemento económico.


E que no 2016, oito Comunidades autónomas crecerán máis do 3 % este ano no seu PIB rexional, especialmente A Rioxa e Murcia, con subidas superiores ao 4 %. Seis autonomías avanzarán máis dun 3 %. As primeiras deste grupo son Aragón e Estremadura, cunhas previsións de crecemento do 3.5 %, por diante de Baleares e o País Vasco (3,3 en ambos os casos), Cantabria (3,1) e a Comunidade Valenciana (3 por cento) no seu PIB.


Por baixo do 3 %, figuran Castela e León, Cataluña e Navarra -o tres cunha subida do 2,9 %-, mentres que Madrid crecerá un 2,4, Andalucía un 2,3, Galicia un 2,1 e Canarias un 2%.


Por baixo do 2 % aumentará o PIB de Castela-A Mancha (1,9) e Asturias (1,7), en tanto que as cidades autónomas de Ceuta e Melilla experimentarán un aumento do 1,3%.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress