#Claves de la semana
SANTIAGO DE COMPOSTELA

A aseguradora de Renfe amplía en 6,49 millóns de euros o depósito xudicial

QBE ten consignados unhos 14,49 millones dos que xa realizou pagamentos a petición dos afectados por unhos 4,19 millons, o 28,94% do total



|

Imaxenes do accidente ferroviario do tren Alvia 04155, acontecido en Angrois o 24 de xulio de 2013


A aseguradora de responsabilidade civil de Renfe Operadora, QBE Insurance (Europe) Limited, depositou algo máis de 6,49 millóns de euros no Xulgado de Instrución número 3 de Santiago o pasado 3 de xullo, “para adiantar aos prexudicados polo accidente ferroviario do tren Alvia 04155 acontecido en Angrois o 24 de xullo de 2013 as indemnizacións que lles correspondan”.


“Dende que se produciu o sinistro, QBE puxo a disposición de todos os afectados un total de 14.491.738,04 euros en concepto de anticipo da futura indemnización que finalmente lles corresponda”, destaca a compañía nun comunicado de prensa remitido a escasos días do segundo aniversario da traxedia na curva de A Grandeira.


Ao respecto da ampliación deste novo depósito xudicial en case 6,5 millóns de euros, afirma que ten por obxecto “aboar a cantidade total da indemnización que, no seu caso, poida corresponder a cada prexudicado”.


Trátase, asegura, dunha “decisión excepcional”, xa que se anticipa o diñeiro de indemnización a vítimas sen que finalizara o procedemento xudicial “e, polo tanto, sen que se determinara xudicialmente a identidade de responsables de sinistro”.


ESTE PAGAMENTO “NON SUPÓN RECOÑECEMENTO DE RESPONSABILIDADE”


Por iso, QBE sinala que “fai constar que o pagamento desta cantidade non supón recoñecemento de responsabilidade pola súa parte ou dos seus asegurados, que deberá ser determinada polo órgano xudicial competente no momento procesual oportuno”.


Neste sentido, resérvase o dereito de “recobrar, total ou parcialmente, as cantidades anticipadas aos que finalmente se determine como últimos responsables”.


“A razón última desta decisión é favorecer aos prexudicados polo accidente e evitarlles os prexuízos que puidesen derivarse de ter que esperar á finalización do procedemento penal e á determinación dos últimos responsables do accidente”, resalta.


Ademais, dado que a aceptación desta cantidade non implica a renuncia de accións que os prexudicados teñan por conveniente exercitar, a aseguradora de Renfe chama a atención sobre que “as vítimas teñen a oportunidade de evitar litigar se así deséxano ou de continuar como parte do procedemento”.


TRES CONSIGNACIÓNS DENDE AGOSTO DE 2013

QBE reivindica que, dende que se produciu o accidente, “quixo contribuír a satisfacer as necesidades económicas das vítimas do accidente ferroviario”.


Sete días despois do sinistro, o 1 de agosto de 2013, realizou unha primeira consignación por importe de 2.750.000 euros en concepto de anticipos a conta da indemnización que puidese corresponder a cada prexudicado ao obxecto de contribuír ao pagamento das “necesidades máis inmediatas”.


O 31 de xullo de 2014 realizouse unha segunda consignación por un importe de 5.250.000 euros, unha vez coñecidas con maior precisión as circunstancias persoais dos falecidos e a natureza e o alcance das lesións dos pasaxeiros e, polo tanto, o importe indemnizatorio “que lles puidese corresponder”.


En ambas as dúas ocasións, QBE individualizou as cantidades asignadas a cada unha das pezas de situación e de responsabilidade civil en concepto de pagamentos a conta das indemnizacións que, no seu caso, “puidesen corresponder a cada prexudicado”.


Ademais, QBE subliña que “sempre ofreceu a posibilidade de aboar unha contía superior” naqueles casos nos que os prexudicados acreditasen esta necesidade”.


Da cantidade consignada, sinala, realizáronse pagamentos a petición dos prexudicados por importe de 4.194.239,16 euros en concepto de anticipos da futura indemnización que, se é o caso, como insiste, “lles”puidese corresponder”. “Polo tanto, o importe restante permanece na conta a disposición dos prexudicados”.


En vista de que xa se coñecen, segundo QBE, “con gran precisión” as circunstancias persoais de cada un dos prexudicados e a natureza e alcance dos seus danos, a aseguradora realizou esta terceira consignación, por importe de 6.491.738,04 euros, co fin poñer a disposición dos prexudicados a indemnización que, no seu caso, lles puidesen corresponder.


“Deste modo, ante a posibilidade de que o procedemento penal se dilate no tempo como consecuencia da complexidade da instrución, os prexudicados polo accidente poden dispoñer da indemnización correspondente, sen que iso implique unha renuncia de accións por parte dos prexudicados,”, remarca.


Esta nova consignación, segundo reitera a compañía, “non implica unha asunción de responsabilidade por parte de QBE ou dos seus asegurados”. “QBE resérvase expresamente todos os dereitos e accións que lle correspondan fronte a calquera terceiros que resulten responsables polo accidente”, agrega.


PROCEDEMENTO

Sobre o pagamento desta cantidade, explica que se realizará a favor de quen acreditara a súa condición de prexudicado. Aqueles que teñan a condición de prexudicado deberán solicitar o pagamento expresamente a través do xulgado.


Nas pezas de situación persoal, o mandamento de pagamento expedirase logo de autorización de QBE, por canto que nestes casos existen varias persoas que teñen a condición de prexudicado e a aseguradora de Renfe deberá determinar o importe da indemnización que corresponde a cada un delas.


Para aqueles prexudicados que non compareceran aínda e sobre os cales se coñeza a súa identidade, procederá a poñerse en contacto con eles para ofrecerlles os importes que están á súa disposición en concepto de indemnización.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE