PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
 
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Publicidad Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ELECCIONES MUNICIPALES
  • Baltar
  • 28M
SAN DOMINGOS DE BONAVAL, EN SANTIAGO

O grupo de música antiga Martín Códax ofrece en Santiago un concerto sobre textos galegos medieváis

A actuación terá lugar na igrexa de San Domingos de Bonaval e enmárcase no III Congreso Internacional de Lingüística Histórica

Redacción
Redacción
| lunes, 27 de julio de 2015, 11:53
  • 0
ARCHIVADO EN | AFONSO X Música antiga Martín Códax

O grupo de música antiga Martín Códax propón un percorrido pola literatura galega medieval co concerto que ofrecerá hoxe luns 27 de xullo, ás 21:00 horas, na igrexa de San Domingos de Bonaval. 


A actuación enmárcase dentro da programación do III Congresso Internacional de Linguística Histórica, organizado conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do Instituto da Lingua Galega (ILG), pola Universidade Federal da Bahia e pola Universidade de São Paulo, co apoio das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, e que se desenvolverá ata o vindeiro 30 de xullo na capital de Galicia, na Facultade de Filoloxía.


Os textos de Martín Códax, de Afonso X ‘O Sabio’ e de Bernal de Bonaval, cuxo verso “U é meu amigo d'aquí, de bonaval?” lle dá título ao concerto, centrarán o repertorio do grupo, que se presenta como unha das formacións europeas de referencia en interpretación de música antiga.


Con máis de dúas décadas dedicadas ao estudo e mais á interpretación da música escrita desde a Idade Media ata o Renacemento, nomeadamente dos séculos XII, XIII e XIV, o grupo Martín Códax conta cun destacado recoñecemento tanto en Galicia como no panorama musical internacional.


O III Congresso Internacional de Linguística Histórica réndelles homenaxe a dúas figuras senlleiras da lingüística galega, os profesores Ramón Lorenzo e Antón Santamarina, catedráticos xubilados ambos os dous da USC e fundadores do ILG, onde seguen desenvolvendo a súa fecunda actividade investigadora como profesores ad honorem.


Na xornada inaugural do congreso, que contará ata o 30 de xullo con diversos simposios e comunicacións e minicursos, o profesor e académico Henrique Monteagudo pronunciará a conferencia ‘A lingua no tempo, os tempos da lingua. Gramática diacrónica e historia social’. A clausura correrá a cargo de Ivo Castro, da Universidade de Lisboa, coa conferencia ‘Os de Vasconcellos’.

  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Detenidas seis personas por estafar 125.000 euros con la venta a domicilio de supuestos productos curativos

Investigada una vecina de Carral (A Coruña) por daños en vehículos y por amenazar a transeúntes con un cuchillo

Convocadas seis becas de la Xunta para formación de personas expertas en cooperación internacional para el desarrollo

La producción industrial se eleva una décima en Galicia en un mes de abril de caídas generalizadas

Cabeceralomasleido 1
1
El partidazo de Gabri Veiga dispara su cotización justo cuando el Madrid hace hueco en la plantilla
2
(VÍDEO) Propietarios de un bazar chino en A Coruña se enfrentan a golpes con unos ladrones e impiden el robo
3
Hackers amenazan con publicar fotos de DNI de clientes de R Cable y otros datos personales, incluídos los del lehendakari Urkullu
4
¿Es viable la energía solar fotovoltaica en Galicia? Los 137.000 paneles de Soltec que habrá en A Gudiña prueban que sí
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora