#Claves de la semana
"NON HAI NADA DE QUE FALAR"

O alcalde de Ourense nega unha crise interna de goberno e non falou con Baltar

A remodelación de goberno non chegará ata setembro, unha vez que Flora Moure tome posesión da acta que deixa Francisco González


|


O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, subliñou este luns que no seu goberno non hai "ningunha crise interna porque non é unha crise dende dentro nin provocada polo propio goberno", en alusión á dimisión do tenente de alcalde, Francisco González, a quen o presidente da Deputación, Manuel Baltar, instou por carta a decidir entre continuar como concelleiro ou no seu labor no centro cultural Marcos Valcárcel.


En rolda de prensa, Vázquez defendeu que o seu goberno segue traballando e reiterou que a dimisión que lle obrigará a reorganizar o o seu goberno non se deu "dentro do Concello". "Non mo teñen que preguntar a min", aseverou, antes de insistir en que a marcha de González, quen estaba "moi a gusto" foi "unha decisión persoal".

"Puido optar por outra decisión", sinalou o rexedor, quen asegurou, ademais, non estar ao corrente das esixencias que Baltar formulaba ao edil. "En ningún momento se me manifestou antes", aludiu, en relación ás incompatibilidades.

"Non houbo ningunha consulta nin que se puidese abordar un estatus distinto", afirmou, antes de concluír, en relación a unha posible comunicación con Baltar para abordar o caso: "Non falei con el e non hai nada de que falar".

PERDA "IMPORTANTE"

Jesús Vázquez admitiu que a perda de Francisco González para o seu equipo de goberno recentemente constituído é "importante" e que le "preocupa", aínda que non é o primeiro que lle "preocupa". "Convivín con el e vi o proceso cando entraba nunha baixa máis que razoable na que aínda se atopa", esgrimiu.

Para abordar a remodelación do seu goberno, apelou a esperar polo menos ata que Francisco González cause baixa en pleno extraordinario de agosto, adiantado a este mes, que se celebrará o xoves día 30. Farao cando tome posesión Flora Moure Iglesias, número 11 da lista do PP nas pasadas municipais no pleno de setembro.

Así, Vázquez ratificou que ata entón non haberá remodelación e reasignación de competencias. "Estamos a traballar, hai moito que facer e seguiremos traballando porque este, ademais, é un grupo cohesionado e unido", resolveu. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE