#Claves de la semana
GALICIA

Beiras ve "dinamitadas" as pontes de AGE e BNG cos socialistas

Fractura por mor dos acordos entre populares e PSdeG para a renovación do Valedor, Contas e o consello de administración da CRTVG


|

Os acordos entre PPdeG e o PSdeG para a renovación do Valedor do Pobo, o Consello de Contas e, singularmente, o consello de administración da CRTVG abriron unha fractura entre os grupos minoritarios da oposición e os socialistas, cuxo portavoz parlamentario, José Luís Méndez Romeu, atribúe a que formarán unha candidatura para as eleccións xerais.


Xosé Manuel Beiras, pola súa banda, arremeteu duramente co partido maioritario da oposición, ao que atribúe un cambio de actitude desde a chegada de José Ramón Gómez Besteiro e José Luís Méndez Romeu en substitución de Abel Losada, e asegurou que quedaron "dinamitados as pontes" cos socialistas.

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, manifestou que se poden sacar conclusións do talante democrático" dalgúns grupos á vista das declaracións que lle precederon, e en alusión velada aos minoritarios.

AGE e BNG, xunto co Grupo Mixto, rexeitan o nomeamento do seis membros do consello de administración da CRTVG que se debaterán no pleno extraordinario da semana que vén e ameazan con recorrer á xustiza se se consuman as designacións que, ao seu xuízo, non se axustan ao que marca a lei de medios públicos aprobada a finais da lexislatura pasada. 


Pola súa parte, o voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, manifestou que “se”poden sacar conclusións do talante democrático” dalgúns grupos á vista das declaracións que o precederon, e en alusión aos minoritarios.


“Entendo que os grupos que están en contra desta normalidade democrática, que o único que ven son fantasmas de protofascismos e que o réxime que está podre, non comprendan que unha maioría próxima ao 80 por cento desta cámara estea polo labor de soster a nosa armazón institucional e cheguemos a acordos”, manifestou.



ROMPEN COS SOCIALISTAS


Así as cousas, Beiras advertiu de que o “colaboracionismo está instalado” no PP e PSOE, alianza que acusou de “duopolio” tras o “monopolio” popular, e que atribuíu a un “pacto Felipe González-Rajoy” para despois das eleccións xerais de finais deste ano.


O veterano político asegurou, na súa intervención, que el sempre procurou “non se confundir de inimigo” e manter unha postura “non agresiva” cos socialistas, pero, “infortunadamente”, dixo, fíxose moi difícil” co último cambio da dirección no PSdeG.


Aos socialistas, avisoulles de que pactan co PP tras “ser humillados” por ese partido, en relación ao “veto” a Besteiro para o Senado (días despois foi imputado e quedou paralizado este nomeamento) e a Xaquín Fernández Leiceaga para o consello de contas.


Ata agora (no Parlamento) estabamos padecendo un monopolio dun grupo parlamentario que utilizaba a súa maioría absoluta coma se o PP fose o partido único, e pasamos dun monopolio a un duopolio”, considerou Beiras.


“Algo así como Coca Cola e Pepsi Cola no seu momento foron o desdobramento con dúas marcas do mesmo grupo trasnacional que controlaban a bebida, a base de coca, non sei se colombiana ou boliviana”, expuxo, antes de concluír: “Aparente duopolio para simular unha competencia entre eles absolutamente inexistente”.


“COMPADREO” E “CAMBALACHE”


Pola súa parte, o voceiro do Grupo do BNG, Francisco Jorquera, censurou o “compadreo” e os “cambalaches” de PP e PSOE, e lamentou que, ante o que os nacionalistas consideran unha “ilegalidade manifesta e un disparate auténtico” no que se refire á elección de membros da CRTVG, o voceiro socialista se mantivera “calado”. “O que cala, outorga”, advertiu, antes de pedir aos grupos que, “polo menos, respecten as leis”.


Jorquera extraeu que o Parlamento actúa como un “simple decorado para referendar o que PP e PSOE cociñaron entre bambalinas, cunha falta de transparencia absoluta na súa repartición de cotas”. Especialmente, reprochou ao partido que dirixe Besteiro que “entregue estes órganos ao PP” para reservarse tamén postos para “os seus”.


“CAMPAÑA ELECTORAL”

“Supoño que non é necesario que o subliñe, pero hoxe puideron asistir a un exercicio de presentación da nova campaña electoral”, respondeu Méndez Romeu.


A colación, esgrimiu que “todos os grupos que se van fusionar nunha candidatura alternativa estiveron a explicitar os seus argumentos”. “O que nos permite comprobar algo que xa dixeran outros noutros puntos de España: que o obxectivo destas coalicións non é tanto gañalo ao PP, xa renuncian, senón substituír o PSOE como alternativa de goberno”, engadiu.


E sobre iso, lanzou un aviso: “O PSOE é quen é despois de 40 anos de democracia” porque, ha agregado, “foi capaz de estar en cada momento para sumar máis vontades”. É dicir, defendeu a súa postura de oposición ao PP cos acordos alcanzados cos populares, situándose “no centro do espazo político” para, por exemplo, renovar os órganos estatutarios pendentes.


A preguntas dos xornalistas sobre como se compadecen os discursos mantidos no Parlamento cos pactos nos concellos, Méndez Romeu xulgou que “quen fai esas manifestacións terán que dicir como van gobernar”.


Ao respecto, argumentou que os socialistas avalaron gobernos alternativos ao PP para “poñer fin a gobernos autoritarios e que transformaron ao austeridade nun recorte de servizos públicos”. “Imos manter os gobernos mentres sexa posible, pero pasa polo respecto a Constitución, Estatuto e leis,” avisou.


DISCREPANCIA CRTVG


Unha das maiores críticas da oposición está baseada no nomeamento dos seis membros do consello de administración da CRTVG, ao respecto do que os minoritarios presentaron un recurso ante os servizos xurídicos que, auguran, será resolto “unha vez pase o pleno” e cando xa a elección estea consumada. Neste sentido, resérvanse a posibilidade de iniciar un procedemento xudicial para impugnar os nomes.


Esgrimen, no escrito, que se debería iniciar de forma simultánea a elección do director xeral da sociedade anónima e que hai que contar cun mandato marco, que debe ser tramitado no Parlamento e o cal non foi levado aínda dende 2011, malia que os prazos que marcaba a lei eran de seis meses.


Non obstante, o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, recordou que a conversión da compañía en sociedade era un trámite técnico “complexo” e defendeu que “nun prazo razoable de tempo” tamén poida debaterse o mandato marco. Ao tempo, apoiou que poidan facerse xa os nomeamentos en curso.


Puy tamén reprochou as críticas dos nacionalistas sobre a base de que, dixo, en novembro de 2013 pedía que se crease un consello de informativos, que é un órgano asesor do consello de administración e “fai nada” abstivéronse na votación dunha proposta do PSdeG para que se cumprise a lei de medios públicos.


Destacou a “relevancia” dos plenos, porque vai permitir “normalizar” institucións como o Valedor, que leva varios anos en situación “interina”, malia que levou a cabo un “gran labor”.


DOUS PLENOS EXTRAORDINARIOS


A semana que vén terán lugar dous plenos extraordinarios. Empezarán o luns pola tarde, ás 16,00 horas, coa renovación dos órganos e, a continuación, co debate das leis que estaban pendentes da súa aprobación, como a de participación cidadá, financiamento de partidos, regulamento do Parlamento e a de estradas.


Xa o martes pola tarde debaterase o teito de gasto dos presupostos de 2016, que será aprobado este venres polo consello de la Xunta. Finalmente, a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, abordará, en comparecencia, a situación do sector lácteo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE