#Claves de la semana
MORAÑA, PONTEVEDRA

A investigación do crime de Moraña avanza con testemuños "relevantes" da familia


|

Alejandro Pazos, fiscal do caso do crime de Moraña


A investigación aberta no Xulgado Mixto número 1 de Moraña para aclarar o crime do Casal, no que o 31 de xullo David Oubel presuntamente matou as súas dúas fillas de 4 e 9 anos, avanza a bo ritmo e nas últimas horas pasaron a formar parte do sumario unha serie de testemuños que o fiscal, Alejandro Pazos, considera "relevantes". Trátase de persoas do ámbito familiar das vítimas, se ben non se deron a coñecer as súas identidades.


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) indicaron que este martes declararon tres persoas e o luns outras tres, entre elas membros da familia e outras persoas que non se pode concretar debido a que as actuacións aínda están consideradas secretas. Ao respecto, o fiscal matizou que entre eles hai familia, pero "un poco lejana" e asegurou que "familiares directos no hay".


Ao termo do segundo día de declaracións, o fiscal explicou que todas as declaracións que se tomaron ata o momento en sede xudicial "fueron relevantes" e todo o que achegaron á causa compensa, en certo modo, "el esfuerzo que se les ha pedido". E é que Alejandro Pazos considera que a proximidade familiar das testemuñas supuxo un "esfuerzo mental y a nivel afectivo", xa que é complicado" enfrontarse a unha declaración deste tipo e a uns feitos tan "espeluznantes" como os deste crime "cuando alguien conoce a alguien y tiene una cierta relación".


Ao longo destes últimos días a xuíza xa tomou declaración ás persoas que aparecían salientadas no primeiro atestado achegado ao xulgado pola Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra. O fiscal considera que era necesario realizar xa estas probas testificais para garantir a "la memoria recente" das persoas citadas e por "muchas cosas", pois "aunque sea un mal momento no se sabe nunca si es peor más tarde". Ademais, "desde el punto de vista procesal hay que agarrar las declaraciones de instrucción con todas las garantías en este momento" para evitar calquera imprevisto.


Unha vez que estas declaracións, que eran a "prioridad", xa están tomadas, tanto o TSXG coma o fiscal indicaron que non está previsto que tomen novas declaracións nos próximos días. De feito, esta semana non hai máis testificais programadas e o caso está agora á espera de de que entreguen novos informes os forenses e a Policía Científica. Segundo o fiscal, os especialistas policales "todavía necesitan un poco más de tiempo" e previsiblemente ata mediados de setembro non haberá avances relevantes neste sentido.


A causa xudicial segue baixo segredo de sumario e ata o momento non hai máis partes comparecidas que a Fiscalía. Non se prevé que haxa ningunha acusación ata que se levante o segredo das actuacións a pesar de que o caso xerou unha corrente de condena que implica tanto a familia da ex muller do detido e nai das falecidas, Rocío V.T., como a colectivos sociais. Esa condena manifestouse nos últimos días a través de pintadas na fachada da inmobiliaria que David Oubel ten na rúa Juan Fuentes de Caldas, cuberta pola palabra 'asesino'.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE