#Claves de la semana
PONTEVEDRA

Cantos preferentistas seguen aínda sen os seus aforros? Vanos recuperar?

Según a Plataforma de afectados de Pontevedra só se devolveron 496 millóns, é dicir, un 27,10%.


|

Manifestación de apoio aos afectados polas preferentes


Meses hai que non se fala en Galicia dos afectados pola comercialización de participacións preferentes e outros produtos financieiros híbridos, pero as plataformas de afectados manteñen que aínda quedan moitos cidadáns que non recuperaron os seus aforros. Marea Pontevedra faise eco da súa situación e este sábado anunciou que presentou unha moción para o seu debate no próximo Pleno da Corporación na que pretende que o Concello solicite á Xunta de Galicia e á entidade bancaria Abanca que fagan público o número de persoas afectadas de produtos híbridos pendentes de recuperar a totalidade dos seus aforros.


A moción tamén pide que se lle comunique a cada unha desas persoas se va recuperar os seus aforros ou se quedarán sen eles en caso de que non presenten demandas xudiciais.


Este texto presentarase no Pleno do mes de setembro coincidindo co cuarto aniversario de que se dera a coñecer a situación de miles de preferentistas e ten o obxectivo, entre outros, de denunciar que o proceso de arbitraxe posto en marcha pola Xunta de Galicia "resultou insuficiente, lento, pouco transparente e arbitrario", xa que tan só tramitaron 20.000 casos en toda Galicia, cando o solicitaron 116.660 persoas afectadas. Citando á plataforma de afectados de Pontevedra, indican que dos 1.830 millóns de euros retidos en preferentes e subordinadas, tan só se devolveron 496 millóns, é dicir, un 27,10%.


Denuncian, ao respecto, que a situación é especialmente grave porque a inmensa maioría das persoas con aforros atrapados teñen máis de 65 anos, e mesmo hai non poucos menores de idade, persoas analfabetas ou sen formación nin coñecementos en materia bancaria. Ademais, na inmensa maioría dos casos tiñan a totalidade dos seus aforros concentrados nestes produtos.


Con esta moción, Marea tamén pretende que os grupos políticos con representación na Corporación de Pontevedra acorden que o Concello demande á Xunta que faga pública aresolución da comisión de investigación no Parlamento de Galicia polo funcionamento das desaparecidas caixas, xa que se cumpren dous anos desde que se fixeron as comparecencias e aínda segue pendente o ditame correspondente.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE