#Claves de la semana
PARLAMENTO GALEGO

A deputada socialista Carmen Acuña foi expulsada do pleno do Parlamento Galego no medio de un bronco debate sobre o novo Hospital de Vigo

Os socialistas critican o burdo intento de censura contra as queixas e propostas dos sanitarios de Vigo logo do caso de aspergillus no novo hospital de Vigo


|

A deputada do PSdeG Carmen Acuña foi expulsada do pleno, tras ser chamada á orde en tres ocasións por parte da presidenta da Cámara, Pilar Rojo, no medio dun bronco debate sobre o novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro.


“Se me expulsa por defender aos pacientes, voume (orgullosa)”, aseverou a parlamentaria socialista, que participara no debate matinal do pleno no que se discutiu a creación dunha comisión de investigación sobre a construción e a adxudicación de obras e servizos do novo hospital, a cal foi rexeitada cos votos do PP.


O momento da expulsión xurdiu cando o deputado popular Miguel Santalices, con quen son habituais as pequenas liortas en materia sanitaria, sacou a colación que a parlamentaria rexistrara unha interpelación sobre a presenza de ‘aspergillus’ no novo centro hospitalario.


Desde o seu escano, e con dúas chamadas á orde xa previas, do mesmo xeito que o seu compañeiro de bancada José Manuel Galego Lomba, incidiu en que se trataba dunha iniciativa en “defensa” dos pacientes.


Pilar Rojo chegou a advertir á deputada de que, se se resistía a abandonar o hemiciclo, sería castigada con non poder volver á próxima sesión plenaria, dentro de dúas semanas.


OS SOCIALISTAS ACUSAN Á PRESIDENTA DO PARLAMENTO DE EXPULSAR A CARMEN ACUÑA PARA SILENCIAR AS DENUNCIAS SOBRE O CASO DE ASPERGILLUS DE VIGO


O Grupo Socialista lamenta a expulsión da portavoz de Sanidade do Pleno do Parlamento por parte da presidenta da Cámara logo dun enfrontamento co portavoz de Sanidade do PP. Os socialistas critican o burdo intento de censura contra as queixas e propostas dos sanitarios de Vigo logo do caso de aspergillus no novo hospital de Vigo.



Os socialistas galegos advirten que a expulsión evidencia o fracaso da Presidencia da Cámara na súa función de dirección do Pleno, logo dun enfrontamento xurdido polas críticas do portavoz do PP contra unha iniciativa parlamentaria presentada polos socialistas precisamente sobre o tratamento do caso rexistrado no novo hospital e que rematou co falecemento dunha doente.



O Grupo Socialista lamenta ter que lembrar que as iniciativas parlamentarias corresponden ao seu autor e merecen respecto de tódolos membros da Cámara, independentemente da distancia ideolóxica que os separe.




Neste caso concreto, o PP demostrou unha lamentable prepotencia, ao criticar unha proposta que trasladaba precisamente a posición dos profesionais sanitarios, e lembran que o problema non son as críticas contra a xestión dun caso deste tipo, senón que se dean casos de aspergillus nun hospital novo con resultado dunha persoa morta e ninguén do goberno explique con transparencia que sucedeu e ofreza as debidas garantías.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE