#Claves de la semana
XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

O prazo para presentarse os premios da XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico finaliza o luns 28

A organización transfronteiriza entregará 7.500 euros ás mellores obras dos autores galegos e portugueses, así como ao mellor Novo Talento.


|

O prazo de inscrición para participar na XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico e optar a algún dos seus catro premios e integrar o catálogo dunha das exposicións pictóricas itinerantes máis importantes da península ibérica finaliza o vindeiro luns, día 28.


A convocatoria está aberta á participación de autores naturais ou residentes na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal. Os creadores interesados no certame, ó que deberán presentar unha obra orixinal e inédita, deberán inscribirse na web do Eixo Atlántico http://www.bienalpinturaeixoatlantico.com/.


A organización transfronteiriza Eixo Atlántico, que puxo en marcha esta bienal hai 20 anos para impulsar a creación e os novos talentos de Galicia e do Norte de Portugal, repartirá 7.500 euros en premios. O primeiro galardón outorgarase á mellor obra do certame (3.000 euros), e os dous segundos á mellor obra de autor galego (1.500 euros) e á mellor obra de autor portugués (1.500 euros). Ademais, concederase o galardón ‘Novos Talentos Luso-Galaicos’ para artistas de idades comprendidas entre os 16 e 25 anos (1.500 euros).


Un xurado formado por personalidades relacionadas co mundo da cultura e das artes plásticas de Galicia e Portugal, así como polo gañador da edición anterior, procederá a fallar os premios entre unha selección dun máximo de 30 obras, que constituirán o catálogo itinerante da XI Bienal.


O programa, un dos máis queridos e máis exitosos dos que puxo en marcha o Eixo Atlántico, non só fortaleceu os lazos artísticos entre Galicia e Norte de Portugal senón que actuou como xerador de actividade económica, tanto pola atracción de visitantes ós municipios que acollen a mostra como facilitando a inserción laboral dos novos talentos.


Na Bienal de Pintura colaboran co Eixo Atlántico, a Secretaría Xeral de Cultura e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, a Fundação da Juventude e os municipios asociados ó Eixo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE