#Claves de la semana
PRESENTACION EN CORUÑA DO COGRESO CEDE, QUE SE CELEBRA OS DIAS 5 E 6 EN PALEXCO

O alcalde da Coruña pide ao empresariado “remar en función dos intereses colectivos” , na presentación en María Pita do Congreso de Directivos CEDE

“A cidade séntese orgullosa de poder acoller un evento deste nivel, pero se sentirá máis orgullosa dos beneficios sociais que a nivel global poidan saír deste evento”, dixo Xulio Ferreiro.


Máis de 1.000 directivos reuniranse na cidade entre os días 5 e 6 de outubro con motivo deste evento, que terá lugar en Palexco


|


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu este mércores ao sector empresarial “un compromiso coas dificultades da xente que é, á vez, unha forma de conexión coa sociedade que tamén se transforma en beneficio para as súas empresas”. Así o manifestou, no Pazo de María Pita, na presentación do Congreso de Directivos CEDE (Confederación Española de Directivos y Ejecutivos), que se desenvolverá entre os días 5 e 6 de outubro, e que achegará á cidade a máis de 1.000 directivos procedentes de todo o mundo, así como a destacados persoeiros da vida económica e política. 


Tratase dun evento de primeira liña que insiste nun concepto que este concello considera irrenunciable: o da Coruña como cidade de vangarda, cidade activa e referencial e cidade na que se debate, na que se comparten ideas e na que a participación e a opinión dos distintos sectores, en pé de igualdade, constrúe un tecido cidadá plural que ten no benestar o seu principal obxectivo”, declarou o alcalde. “Unha cidade, un país, un estado mellor, onde todos rememos en función dos intereses colectivos axuda a todos e a todas, polo que seguro que neste Congreso, máis alá de cuestións máis propias da actividade das persoas que reúne á CEDE, se tratará esa actitude social e comunitaria que debe estar á altura dos tempos e que, á vez, dote de maior impulso á actividade empresarial”, manifestou.


A Coruña séntese orgullosa de poder acoller un evento deste nivel, e se sentirá aínda máis orgullosa dos beneficios sociais que a nivel global saian do saber compartido que esta cidade acollerá grazas ao Congreso de CEDE”, indicou.


 “el encuentro se centrará en los valores del directivo para superar los retos de la situación económica actual”


Pola súa banda, Ramón Adell, vicepresidente de CEDE, destacou que “o próximo 6 de outubro, A Coruña converterase na capital dos directivos de toda España”, á vez que fixo fincapé na “facilidades e hospitalidade recibida por parte da cidade”. “O aforo para poder participar neste acto está xa completo, o que nos chea de satisfacción”,“el encuentro se centrará en los valores del directivo para superar los retos de la situación económica actual” , indicou. 


Queremos que este sexa o congreso do pluralismo e a responsabilidade xa que, quizais dende 2007, este sexa o primeiro evento no que parece que comeza a albiscarse a luz ao final do túnel, e existen indicadores de recuperación económica. Por iso, neste momento, e cando maior ten que ser a responsabilidade por parte do empresariado e dos directivos, para crear máis emprego, con máis empresas e máis traballadores”, declarou. O empresario tamén manifestou que un dos obxectivos do CEDE neste Congreso é poñer en valor aoas mozos e mozas estudantes, que deben afrontar o inicio da súa carreira profesional. “Hai que contribuir e tratar de solucionar os problemas sociais e económicos”, indicou, á vez que anunciou que, de forma paralela á xornada de directivos, entre os días 5 e 6 terá lugar un encontro de mozos e mozas denominado Talento en Crecimiento. 


(Máis información sobre o Congreso e os seus participantes en www.congresodirectivos.com)

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE