ELECCIONS XERALES O 20 DE DECEMBRO

As eleccións xerais serán o 20 de decembro, según adiantou Rajoy

O Presidente do Goberno asegurou que esta decisión permite non constituír o Parlamento en pleno Nadal


|

Mariano Rajoy, anunciou este xoves que convocará as eleccións xerais para o día 20 de decembro. Rajoy despexou, nunha entrevista en Antena 3, a dúbida de se finalmente os comicios xerais serían o 13 ou o 20 do último mes do ano.


O presidente do Goberno, explicou que a súa decisión de convocar os comicios a segunda desas datas permite non constituír o Parlamento en Nadal, xa que así poderá facerse ata o 14 de xaneiro. "A razón é que se fosen o 13 de decembro teriamos que constituír o Parlamento practicamente en pleno Nadal. Así hai un pouco máis de marxe, hai ata o 14 de xaneiro. Xa que logo podemos aprobar os orzamentos, facer as eleccións e logo ter unha marxe para, logo das festas, constituír o Parlamento", dixo.

Ao celebrarse as eleccións o 20 de decembro, Rajoy disolverá as Cortes o 26 de outubro e, ao día seguinte, publicarase no Boletín Oficial do Estado o decreto de convocatoria dos comicios. Será 54 días despois desa publicación, tal e como determina a lei electoral, cando os españois acudan ás urnas.

A data exacta da constitución das Cortes deberá figurar no decreto de convocatoria das eleccións xerais e, por lei, terá que ser nos vinte e cinco días seguintes ás votacións. Á espera de coñecer esa data, o que é seguro é que o proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para 2016 aprobarase a semana que empeza o luns 19 de outubro.

Este sería o último día para aprobar as contas do Estado se as eleccións fosen o 13 de decembro, pero ao celebrarse unha semana despois hai máis marxe para facelo nos días seguintes.


(fuente: Galiciaé)

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE