#Claves de la semana

​Antón Sánchez: "Os populares teñen hipotecada Galícia con empresas que destrúen máis emprego do que xeneran"

 No debate o Parlamento galego sobre unha proposición para que a fábrica de ENCE se marche en 2018, Antón Sánchez de Alternativa Galega de Esquerras (AGE) afirmou que a Lei de Costas saíu adiante só cos votos do PP para dar "posibilidade" a que ENCE estea "75 anos máis" na ría de Pontevedra, do que son "cómplices" e acusou aos popualres de "ter hipotecado a este país" con empresas como ENCE "que destrúe máis emprego" do que xera.

|

anton sanchez

 A proposta pretendía instar á Xunta, en base ao plan de ordenación de litoral e ás directrices de ordenación do territorio, a emitir un informe negativo para a solicitude de prórroga da concesión de ENCE. 

O deputado popular, Jacobo Moreira, encargouse de argumentar en contra desta proposición afirmando que Ence "ou segue" na ría de Pontevedra "ou pecha" e recriminou á oposición que "parece que non lles importa o desemprego" en Pontevedra.

A deputada do BNG, Ana Pontón engadiu que Feijóo "está claramente activo en conivencia cos intereses de ENCE" e sinalou que a fábrica de celulosa "é un problema para o desenvolvemento económico de toda a provincia de Pontevedra".

A socialista Patricia Vilán denunciou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "está absolutamente pasivo" durante case sete anos de goberno, pois "debería buscar unha mellor localización", pero "o que fixo foi mirar para outro lado con Ence".

relacionada Ence di que adicará outros 8 millóns de euros nos próximos anos para erradicar os olores e reducir as emisións de vapor
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE