#Claves de la semana
E O QUE DIN AS ESTADISTICAS

Os prezos baixan en Galicia un 1,1% en agosto

A taxa anual descendeu un 0,9% en España durante o oitavo mes do ano debido á caída do custo da vivenda e o transporte



|

A taxa anual do índice de prezos de consumo (IPC) diminuíu en todas as comunidades e situouse en valores negativos na súa totalidade, sendo o dato que corresponde a Galicia do -1,1%, o cal foi do -0,7% o pasado mes de agosto do ano en curso.


O IPC volveu rexistrar en setembro, por segundo mes consecutivo, e en termos xerais, unha taxa anual negativa, do 0,9%, segundo informou este mércores o Instituto Nacional de Estadística (INE).

As maiores baixadas rexístranse en Illas Baleares (-0,4%), A Rioxa (-0,9%), Castela-A Mancha (-1,5%), Estremadura (-1,5%), Cantabria (-1,4%) e Castela e León (-1,4%), cuxas taxas descenden seis décimas.

Pola súa banda, o País Vasco é a a comunidade que menos diminúe a súa taxa anual, situándoa no -0,5%, tres décimas menos que a rexistrada en agosto.

Os grupos con maior influencia nesta baixada foron en España a vivenda, cunha variación negativa do 4,4%, e o transporte, cunha taxa negativa do 6,4%.

A inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) aumentou a súa taxa anual unha décima, ata o 0,8%. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE