LEGIONELLA EN OURENSE

Sanidade detecta dous casos de legionella en persoal da empresa concesionaria de limpeza de Ourense

O primeiro caso foi en septembro. Esta semana localizouse un segundo, constatando as autoridades que no se adoptaron as medidas ordenadas. Ambos atópanse fora de peligro


|


O Concello de Ourense ten aberto un expediente informativo tras detectar Sanidade dous casos de contaxio por legionella en persoal laboral da empresa concesionaria de Limpeza, Ecourense. Esta decisión foi adoptada despois de requerir á empresa información o pasado día 6 de outubro, onte e hoxe, co fin de coñecer o sucedido e actuar en consecuencia.



O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, despois de ter coñecemento dos feitos, mantivo unha reunión de urxencia esta tarde cos responsables da empresa concesionaria, así como co concelleiro responsable da área, José Araújo, e o coordinador municipal de Infraestruturas, Medio Ambiente e Limpeza.



O primeiro caso, detectado por Sanidade en setembro e xa dado de alta, foi considerado aillado por parte de Sanidade, se ben ordeou á empresa concesionaria adoptar medidas, contempladas no protocolo, para subsanar o posible foco da bacteria. Non obstante, ao detectarse esta semana un segundo caso -que se atopa fóra de perigo-, a Inspección de Sanidade constatou que non se adoptaron as medidas ordenadas a finais de setembro, tralo primeiro contaxio.



Sanidade ordeou a paralización e inmobilización dos vehículos de baldeo de auga bruta durante estos días, pois as súas comprobacións fundamentan que non se adoptaron as medidas ordenadas tralo primeiro contaxio. O luns, realizarase unha nova inspección de Sanidade nas infraestruturas da empresa concesionaria.



O baldeo de auga das rúas realízase dende hai tres anos con auga bruta (sen clorar, captada directamente do río Miño). Como medida de prevención, o baldeo nestes días realizarase de xeito manual con auga clorada da rede municipal.



Ambos contaxiados atópanse fóra de perigo, un deles xa dado de alta. Así o constatou o alcalde, en permanente contacto coa Xefatura Territorial de Sanidade e cos responsables da empresa, aos que lles comunicou a apertura do expediente informativo para verificar o sucedido antes de adoptar outro tipo de medidas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE