MON MINTA, PRESIDENT, NON MINTA

Manuel Fernando González Iglesias

Compareceu o President Mas ante os xornalistas cataláns para atacar ao Ministro Montoro polo seu indisimulado interese en que a Generalitat pague aos morosos que ten ante a súa porta e cuxa fila xa dá a volta á moi barcelonesa Rambla de Cataluña onde se atopa a Consellería de Economía de Andreu Mas-Collel.


Puxo tanto énfase Mas na defensa do que el chama os intereses de Cataluña --a dos independentistas naturalmente--, que se esqueceu da ética ao afirmar algo que sinxelamente é mentira. A nosa directora en Catalunya Press preguntoulle se o seu Govern fai autocrítica pola xestión económica realizada, algo que molestou profundamente ao dirixente catalán, quen se saíu pola tanxente e repreguntou se a xornalista quería facer debate sobre un tema que para el está claro: Madrid é o único culpable do que pasa, pois quere castigar a "todos" os cataláns. Como queira que a colega non se engurrase e lle lembrara que os Entrecanales deben aínda 40 millóns de euros --40 millóns!-- do imposto de trasmisións patrimoniais ao fisco de Cataluña por compra da ATLL, o president mentiu ao afirmar rotundamente que a ATLL estaba completamente pagada. Ou sexa, que Mas e os seus ou lle perdoaron esa barbaridade de millóns a ACCIONA --o cal podería significar un delito moi grave--, ou ben, que é o mais probable, o President mentiu descaradamente por ignorancia ou cunha clara intencionalidade de ocultar "o pufo".


O certo é que a pequena liorta se saldou cortándolle o son do micrófono á nosa compañeira, nun claro intento por parte de "os demócratas" da comunicación oficial --que durante toda a lexislatura fixéronnos varias do mesmo calibre-- para que o pai da República Catalana non quedase co seu honorable cu ao aire con outra pregunta aínda máis contundente. As imaxes aí as teñen vostedes no diario como testemuño evidente do que algúns medios de comunicación estamos a pasar en Cataluña grazas a estes patriotas de medio pelo que nunca correron diante dos grises para defender a democracia de todos, como ten no seu haber persoal e profesional a nosa curtida xornalista.


Por iso o noso corolario final é hoxe moi simple: non minta, President, non minta.




Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE