#Claves de la semana
UN FALLO PUNTUAL, SEGÚN IBERIA EXPRESS

Un fallo no motor dun avión causa un sobresalto nun voo Vigo-Madrid

A aeronave, tras planear durante uns momentos ao engalar, conseguiu retomar o rumbo. O capitán avisou aos pasaxeiros da incidencia antes de chegar a Barajas


|

Unha avaría nun avión que este xoves cubría a ruta entre Vigo e Madrid, a cal se realizou finalmente, causou un pequeno sobresalto ao coñecerse a existencia dun "fallo puntual" nun dos motores da aeronave.


Un pasaxeiro, que creu que un dos motores estaba a arder, alertou ao 112. Ocorreu xusto ao despegar de Peinador. Con todo, Iberia Express restou importancia ao ocorrido e limitouse a indicar que o voo IBS3965 puido encargarse desta ruta con normalidade e aterrar en Barajas.

"Como sucedeu cerca do aeroporto e estaba a virar xa o piloto, eu só estaba a rogar para que nos dese tempo a volver planeando a Peinador", explicou á Radio Galega Félix González, un dos pasaxeiros. O avión, tras planear durante uns momentos, conseguiu seguir o rumbo.


O resto de viaxeiros non sabía exactamente o que estaba a suceder ata que o capitán do voo informoulles xa chegando a Barajas da perda de potencia dun dos motores, o que non impediu completar a viaxe sen incidencias.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE