#Claves de la semana

A tregua do temporal vaise esgotando

Hoxe teremos chuvascos illados que irán remitindo coa chegada da tarde, pero mañá unha nova borrasca empeorará as condicións metereolóxicas


|

O temporal danos un día de descanso, Galicia atópase nunha situación intermedia entre altas e baixas presións con aire frío na columna atmosférica. Con esta situación agárdanse ceos máis anubrados pola mañá, con chuvascos illados, menos frecuentes e intensos pola tarde. 


A cota de neve estará sobre os 1000-1200 metros. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes pola mañá no litoral norte. 


A sensación segue sendo de melloría con respecto ao que levamos experimentando estes últimos días, e o que volveremos a ter a partir de mañá. Este mércores Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca que se irá achegando progresivamente dende o Atlántico, traendo consigo un empeoramento nas condicións meteorolóxicas. 


Con esta situación, agárdanse ceos cubertos, con precipitacións que durante o día serán algo máis intensas no oeste e sucederán de xeito débil e intermitente no resto, tendendo a aumentar en intensidade e xeneralizarse pola noite. As temperaturas mínimas non terán cambios mentres que as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE