QUE É O QUE VÉN AGORA...?

Manuel Fernando González Iglesias

Se ti non prometes acatar a Constitución que votaron maioritariamente todos os españois --tamén os cataláns-- nin expresas lealdade ao Xefe do Estado e ademais dis de forma clara e explícita que ese mesmo Estado “afoga e humilla a Catalunya”, pois a verdade é que a porta do diálogo derrubáchela estrepitosamente na túa primeira intervención institucional e loxicamente non podes esperar que o Goberno que se acabe formando en España, que se formará, porque o de Patxi López é unha mensaxe clara aos navegantes e sobre todo aos que lles gustan as citas mariñeiras, te vaia a recibir cos brazos abertos e asuma os teus intereses financeiros ou pagos urxentes coa xenerosa afabilidade do amigo de toda a vida.



Ao President da Generalitat acábano de meter nunha lea moi gorda facéndolle prometer mediante unha fórmula hostil ao Estado --non sei se legal ou ilegal-- o seu cargo institucional e, a continuación, vanlle a poñer á fronte dun Govern no que non puido nomear a nin un só integrante do mesmo, o cal, ademais de ser unha cacicada política, é un feito inaudito na recente historia de Catalunya e na de todas as autonomías españolas. Logo colocaranlle, nun mes aproximadamente, na tesitura de saltarse a lei coa decisión de ensinarnos a súa Facenda catalá á marxe da lei e, máis pronto que tarde, meteranlle noutras decisións de similar calado que colocarán á Fiscalía Xeral do estado e ao Tribunal Constitucional contra a parede dos feitos consumados.



Se todo vai como presumimos --e non parece que sexa doutra maneira-- atoparémonos no futuro próximo con dúas posibilidades: unha, o estado defende a legalidade española e europea con todas as súas consecuencias, algo que xa fixo o goberno da República. Ou dous, o Goberno de Madrid réndese e cede ante ‘o Molt Honorable' Carles Puigdemont e deixa que este declare unilateralmente a independencia de Catalunya, enterrando para sempre a palabra “España”.



A min paréceme, polas caras que lles vin aos representantes do Estado, que a segunda opción está moi lonxe da folla de ruta que Rajoy, Sánchez, Rivera e mesmo Iglesias teñen prevista para todos os españois nos próximos meses. Entón, con preocupada sinceridade, que é o que vén agora...?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE