#Claves de la semana

Volve o mal tempo

Agárdanse ceos cubertos, con precipitacións que durante o día serán algo máis intensas no oeste e sucederán de xeito débil e intermitente no resto, tendendo a aumentar en intensidade e xeneralizarse pola noite


|

Trala tregua que nos ofreceu o martes, o mércores trae de volta o temporal a Galicia. A influencia dunha borrasca que se irá achegando progresivamente dende o Atlántico traerá consigo un empeoramento nas condicións meteorolóxicas. Con esta situación, agárdanse ceos cubertos, con precipitacións que durante o día serán algo máis intensas no oeste e sucederán de xeito débil e intermitente no resto, tendendo a aumentar en intensidade e xeneralizarse pola noite. As temperaturas mínimas descenderon mentres que as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. 


Afortunadamente, as choivas serán tan xeralizadas como transitorias. Para o xoves xa poderemos notar unha certa melloría, con poucas precipitacións e ceos abertos coa chegada da tarde. Iso sí, tamén podemos contar coa chegada de aire frío que baixará de novo as temperaturas. A situación manterase durante o xoves, e resulta probable que as choivas nos concedan un descanso ata o domingo. 





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE