O Celta ficha ao chileno Marcelo Díaz

Trala marcha de Augusto cara o Atlético de Madrid, o Celta de Vigo xa ten o seu sustituto. Trátase do centrocampista Marcelo Díaz, un xogador de recoñecida experiencia que xa estivo ás ordes de Berizzo cando este era segundo de Bielsa na selección chilena.

 

|

Por fin comezan a chegar os reforzos polos que suspira Berizzo. Trala marcha de Augusto cara o Atlético de Madrid, o Celta de Vigo xa ten o seu sustituto. Trátase do centrocampista Marcelo Díaz, un xogador de recoñecida experiencia que xa estivo ás ordes de Berizzo cando este era segundo de Bielsa na selección chilena. 


Díaz chega lesionado, pero segundo os servicios médicos do Celta debería estar a punto en dúas ou tres semanas. Dono dunha exquisita calidade e golpeo de balón, deu os seus primeiros pasos no Universidade de Chile, co que ganou tres torneos apertura, un clausura e unha Copa Sudamericana. 


No ano 2012 saltou a Europa, xogando durante tres tempadas no FC Basel suizo, anotando 13 goles, gañando dúas ligas, alcanzando unha semifinal na Europa League e participando dúas veces na Champions. 


O seu bo rendimento levouno a fichar polo Hamburg SV da Bundesliga, conxunto dende o que chega á Liga. 


Como internacional tamén ten destacado. O ano pasado conquistou a Copa América coa selección chilena, conseguindo ser incluido no once ideal do torneo. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE