#Claves de la semana

Tres expertos porán en valor 'A ollada da dignidade' de José Suárez

A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 16 de febreiro unha xornada ao redor da figura do fotógrafo galego José Suárez,


|


A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 16 de febreiro unha xornada ao redor da figura do fotógrafo galego José Suárez, que levará por título 'A ollada da dignidade. Varios expertos analizarán a conexión do artista coa intelectualidade do seu tempo, a relación estética coas vangardas europeas, a capacidade para capturar a dignidade do ser humano, o seu cosmopolita periplo vital, o seu compromiso ético e o inexplicable esquecemento da súa figura.


Todo no marco da exposición sobre o fotógrafo de Allariz que pode contemplarse dende novembro no Museo do Gaiás, unha mostra que recolle dende as súas imaxes máis icónicas ata series nunca antes expostas. 


Unha obra fundamental entre a fotografía galega do s.XX, como quedará de manifesto nunha xornada que contará coa presenza de Juan Manuel Bonet, un dos nomes máis sólidos da crítica artística en España. Xunto a Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón, referencias na investigación da fotografía galega e comisarios da mostra, analizarán a obra de José Suárez e revisarán unha biografía na que se atopan moitas claves do seu traballo.


Previamente, Alfonso Penela, representante da arquitectura galega máis contemporánea, explicará nun percorrido guiado pola exposición ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ unha montaxe que consegue potenciar a expresividade do branco e negro das fotografías.


JOSÉ SUÁREZ


José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974) é unha das figuras máis interesantes e destacadas da fotografía galega do século XX. Nunha época na que predominaban os fotógrafos por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, José Suárez rebélase como un artista consciente da súa autoría. A súa obra reflexa unha gran preocupación humanista, incorporando novidades formais propias dos movementos de vangarda europeos como a Nova visión ou a Nova obxectividade.


En ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’, en exposición no Museo Centro Gaiás ata o 27 de marzo, o visitante poderá contemplar series tan coñecidas e importantes como ‘Mariñeiros’ pero tamén as tomadas durante as súas viaxes a Xapón ou das últimas que realizou na súa vida como ‘A Mancha’ (1965), xunto con obxectos persoais e documentación da época.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE