#Claves de la semana

A Policía detectou "ameazas veladas" no caso das monxas retidas en Santiago

Os axentes encargados da investigación tamén advertiron que as monxas parecían ter a capacidade de decisión aceptada pola forma que entendían a vida no convento e pola influencia que exercían sobre elas as superioras do convento.


|

Convento 2


Os axentes encargados da investigación do caso das monxas indias supostamente retidas no convento das Madres Mercedarias de Santiago advertiron nas súas dilixencias da existencia de "ameazas veladas" cunha posible deportación ao seu país de orixe se abandonaban a congregación.


No escrito que lle trasladaron á xuíza tamén advertiron de que as monxas estaban condicionadas polo "illamento do exterior", pola realización dun "traballo excesivo" e pola "influencia" que exercían sobre elas as súas superiores.


De feito, os axentes chegan a afirmar que as relixiosas parecían ter afectada "a súa capacidade de decisión" pola forma na que entendían a vida no convento e pola propia influencia das superioras.


Finalmente, advertiron de que as relixiosas eran "privadas da súa documentación persoal", que tiveron que requerir á congregación cando as monxas decidiron abandonar o recinto.


Este feito incide na teoría das ameazas de deportación cara á India, reforzada por dous casos previos que agora tamén investiga a maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, que analiza os motivos que levaron en 2011 á deportación de dúas monxas da mesma congregación que tiñan permiso de residencia.


PENDENTES DA FISCALÍA


Nestes momentos, os xulgados están pendentes dun informe sobre a situación actual das monxas para poder continuar co reparto da causa.



Cando este sexa recibido, tocaralle á Fiscalía decidir o futuro do caso. As monxas implicadas no caso decidiron non interpor denuncia, polo que será o Ministerio Fiscal o que terá que valorar "os indicios" derivados das declaracións e das dilixencias para decidir se actúa de oficio. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE