Francia evalúa a situación do buque escorado e á deriva cara o golfo de Biscaia

O mercante Modern Express, do que  tiveron que ser rescatados 22 pasaxeiros o pasado martes, quedou escorado ao norte de Cabo Ortegal e agora está derivando cara o golfo de Biscaia.


|


As forzas armadas francesas atópanse avaliando a situación do 'Modern Express', o mercante do que tiveron que ser rescatados 22 pasaxeiros o pasado martes, que quedou escorado ao norte de Cabo Ortegal e que agora está derivando cara o golfo de Biscaia. 


A prefectura marítima do Atlántico informou este xoves a través da súa conta de Twitter de que equipos da Mariña, así como o buque de salvamento 'Abeille Bourbon' --un remolcador de altura de 80 metros de eslora-- se atopan na zona, onde tamén supervisa os traballos o helicóptero 'Lynx', tamén das forzas armadas.


Polo de agora está confirmado o inclinado que estaba o barco, unha escora que vai en aumento, e, segundo a propia prefectura, "presaxiando unha entrada de auga". As difíciles condicións do mar, unidas ao estado do buque fixeron imposible unha investigación maior.


RESCATE DE 22 TRIPULANTES


O martes, Salvamento Marítimo rescatou aos 22 tripulantes do mercante, de bandeira panameña, que se atopaba escorado e con dificultades fronte ás costas de Cabo Ortegal.


O buque emitiu un sinal de socorro cando estaba a 148 millas de Cabo Ortegal, nunha zona de responsabilidade británica correspondente ao MRCC Falmouth, que coordinou a emerxencia. Con todo, solicitouse a colaboración de medios de rescate españois dado que a costa galega estaba máis preto que a inglesa.


Neste vídeo da Prefectura Marítima de Francia pódese apreciar a situación crítica do buque: 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE